A intención ao facermos estas láminas é para que servan de axuda ao traballo de recuperación do Apalpador nas aulas, nas bibliotecas, nas asociacións culturais e, como non, tamén nas casas. Están concibidas para a súa utilización transversal, e en varias etapas do ensino, que cada quen escolla segundo o seu criterio a actividade acaída a cada momento, a cada currículum, a cada nena e neno…
Tamén pomos ao voso dispór imaxes das páxinas dos contos do Apalpador por se vos serven de axuda.
Gostaríamos que se tendes algunha suxestión, para futuras ampliacións, nolo fagades saber por exemplo a través do noso formulario de contacto. Estaremos encantados de fornecer máis material que vos sirva de axuda na recuperación do noso Apalpador. De todos xeitos entendede tamén que seguramente non se vai poder facer todo o que pidades, mais podemos garantir que todas as suxestións estudaranse e avaliaranse, e logo faremos o que poidamos.