Láminas para adestrar a percepción visual, a lateralidade, os tamaños e as formas da man do Apalpador. Coma todos os grupos de láminas que fixemos, non teñen idade recomendada, algúns deles están escalados por nivel de percepción, como os labirintos, que os hai máis e menos complexos, e as diferenzas, que hai tres, cinco e sete. Deixamos en máis sabias mans o decidirdes a que idade ou nena/neno lle acae millor cada un.