Podedes ver os contos picando en cada un deles.
Nestes tres contos, Xoán G. pretende espir o mito do Apalpador das deturpacións, que parecen responder a superposicións pouco afortunadas doutros costumes e manipulacións feitas a mantenta, para quedar co concepto positivo do personaxe e co seu agarimo.
O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos ás nenas e nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están a durmir e apálpalles a barriguiña por ver se xantaron abondo e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e tamén do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galiza estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos no século XX e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense, nomeadamente no Courel, e no oriente ourensán —O Pandigueiro—.
Mostra do que parece unha deturpación do mito orixinal son as atribucións pouco simpáticas do personaxe como as de espantar aos nenos.
O Apalpador
Antón e Antía estan moi contentos porque agardan a visita do Apalpador, el axexa pola noite e, polo visto, déixalles algunha sorpresa…
O Apalpador e a castaña máxica
O Apalpador anda a recoller castañas para llas levar ás nenas e nenos, pero aquel ano as castañas teñen algo que desconcerta ao noso personaxe. Logo de moito cavilar tira unha conclusión de cal é particularidade, pero acerta? ou acerta todo?
O Apalpador e o arco da vella
Desta vez, a dona das augas, Coventina, agasalla ao Apalpador cun frasquiño máxico. Unha serie de amigos buscará as sete fontes, os sete ríos e os sete mares e, pinga a pinga encherao de auga. Grazas á maxia que agocha aparecerán arcos da vella por todo o país e levarán ao Apalpador de casa en casa para que entregue os seus agasallos e as súas castañas.
Comentarios recentes