Proxecto: O Apalpador chega a…

Obxectivos:

Recuperar e dar a coñecer a figura lendaria do Apalpador na cidade da Coruña, sobre todo, na infancia.

Promover e estimular o emprego da lingua galega a través de actividades lúdicas.

Coñecer léxico en torno a esta figura e outras datas significativas do calendario anual galego.

Descrición das actividades:
  • Presentación do Apalpador aos medios públicos a través dunha rolda de prensa coa concelleira. En datas cercanas ao Nadal a concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística presentou todas as actividades que se van desenvolveron neste tempo xunto ao figura do Apalpador.
  • Visita do Apalpador por distintos barrios da cidade e elaboración dun almanaque.
    A actividade consistiu na representación da figura do Apalpador por parte dun profesional da animación infantil. Este contoulles aos nenos e ás nenas, entre 4 e 10 anos, quen é, contextualizando a súa figura nesta época do Nadal. Ao tempo agasallounos co libro de Xoán G. O Apalpador e convidounos a elaboraren cun grupo de monitores/as de tempo libre un calendario anual galego que logo levaron para as súas casas. Entrementres os nenos e as nenas fixeron o almanaque, identificaron datas significativas da realidade cultural do país e realizaron distintos xogos nos que empregaron léxico relacionado con esas datas. Esta actividade levouse a cabo:
  • o 16 de decembro, na Asociación Cultural Xacarandaina, contra as 18.00 h. Participaron 43 nenos e nenas
  • o 23 de decembro, na Asociación de Veciños de Bens, ás 18.00 h. Participaron 12 nenos e nenas.
  • o 27 de decembro, no Centro Cívico Novo Mesoiro, contra as 17.30 h. Participaron 41 nenos e nenas.
  • o 28 de decembro, no Centro Cívico Labañou, ás 17.30 h. Participaron 45 nenas e nenos.
  • o 29 de decembro, no Centro Cívico Castrillón, contra as 17.30 h. Participaron 32 nenos e nenas.
  • o 30 de decembro, na Asociación de Veciños do Ventorrillo, ás 17:30 h. Participaron 41 nenos e nenas.

Foron anunciadas a través de cartelaría, na que se vía unha ilustración do Apalpador, que se colocou en distintos establecementos comerciais e entidades de cada barrio. Tamén foi portada do blogue do Servizo de Normalización Lingüística do concello da Coruña.

Entrega de premios do concurso de cartas do Nadal por parte do Apalpador. Este ano aproveitouse a entrega de premios do certame para dar a coñecer a nosa personaxe ás familias dos nenos e das nenas premiados/as, así como a docentes. O Apalpador fixo de presentador do evento.

Postal do Apalpador da concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística para felicitar o Nadal e o vindeiro ano.

Reparto de cartas para o Apalpador.

Repartíronse cincocentas cartas para o Apalpador entre librarías da cidade para que os nenos e nenas tivesen a oportunidade de achegar ao Apalpador ás súas preocupacións, os seus desexos e o que gostarían para a Noite do Apalpadoiro.