Quixéramos contar cunha base de datos dos e das contacontos, animadores, técnicos ou empresas que poidan organizar actividades relacionadas co Apalpador, para pór ao dispor de todos os que os necesiten.
Sabemos que son moitos os e as que realizan actividades de xeito profesional, mais non temos a sorte de coñecelos a todas e todos. Que ninguén se sinta fóra, cunha mensaxe cos datos terá a súa estrela neste «paseo da sona» en menos de 24 horas.

Os que nós coñecemos:

André EspiñeiraAndré Espiñeira
Compositor de formación clásica e moderna é ademais intérprete de violín, guitarra, voz e armónica, cunha extensa carrera na que destacan traballos de composición para BBC, RTVE, Promotora 600… Ademais ten experiencia como intérprete en diferentes espazos como Teatro Calderón, Teatro Reina Victoria, Arenal Sound, MadCool… Fai, con Servando Barreiro, parte do grupo de Anxo Moure, Antía Vázquez e Brais Moure.
andre.espinheira@gmail.com
Teléfono: 655 828 931

Contacta con André Espiñeira

Antía Vazquez
«Xa chegou a Apalpadora! A filla do apalpador recolle o testigo do seu pai, dende a Serra do Faro, recorrerá ata os máis pequenos recunchos da Galicia máis profunda. A través de cantigas, contos e lendas achegará a sua historia ós máis pequenos. Un espectáculo musical infantil que defende unha convivencia responsable coa nosa natureza, poñendo en valor a vida rural da nosa terra..».
info@velaisca.com
Teléfono: 660 462 958

Contacta con Antía Vázquez

Anxo MoureAnxo Moure
«Comezo divulgando a figura tradicional do Apalpador, logo, a sua localización como pertencente a unha cultura de montaña e a un espazo de grande diversidade que todos debéramos coñecer. A partir de ahí propoño unha viaxe ao Courel a través dos contos, cun tronco oco dunha mazaira que unha Fada das montañas nos agasalla para que miremos o mundo a través do corazón das árbores…».
carballoconbotas@hotmail.com
Teléfono: 648 075 831

Contacta con Anxo Moure

A Xanela do Maxín A Xanela do Maxín
«O Apalpador trae cada ano desde O Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena lle escribiu unha carta moi especial pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e poder voar en soños”. Teñen dous espectáculos un con monicreques, O Apalpador e a nena sen medo, e a mesma historia contada doutro xeito, O Apalpador 3.0.
info@axaneladomaxin.com
Teléfono: 648 075 831

Contacta con A Xanela do Maxín

Barafunda TeatroBarafunda Teatro
«Antón fai unha viaxe alucinante ao corazón do Courel, onde vivirá unha gran aventura e coñecerá a un personaxe mítico do Nadal galego: O Apalpador. Un fantastico persoaxe do que falan antigas cantigas do Courel que agarda a Antón no máis fondo da devesa a onde chega na procura das estrelas… Inclúe: cantiga tradicional, maxia e o xogo ambientado Os vagalumes medorentos».
barafunda@barafundaanimacion.com
Teléfonos: 698 170 838 | 629 383 536 | 986 221 218

Contacta con Barafunda Teatro

Brais MoureBrais Moure
«Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores, o Xoven Apalpador, acompañado da súa vaca Courela (que produce leite ecolóxico), leva a nenas e nenos de 3 a 12 anos a unha viaxe imaxinaria para coñecer os espazos naturais, descubrindo como achegarse ao seu coñecemento a través de guías, libros, e, como non, facendo turismo».
carballoconbotas@hotmail.com
Teléfono: 648 075 831

Contacta con Brais Moure

Carlos LabrañaCarlos Labraña
«Este non é ano de froito, que hai moita seca. Como fará o Apalpador para conseguir castañas para repartir no Nadal? Neste espectáculo, de aproximadamente 30 minutos, cóntase, dun xeito disparatado e divertido, a historia do Apalpador e a súa axudante Trasniña. Nenas e nenos aprenderán a soutar e cantarán as cancións tradicionais sobre o personaxe».
carloslabranha@gmail.com
Teléfono: 646 811 281

Contacta con Carlos Labraña

Caxoto CativoCaxoto Cativo
«Neste espectáculo O Apalpador contaranos quen é, de onde vén, a que adica o tempo libre, anécdotas e historias do seu día a día … e o que é máis importante, que temos que facer para que nos deixe unha presa de castañas e algún agasallo deses que el mesmo constrúe. Un personaxe entrañábel que nos fará pasar unha hora de maxia».
caxotocativo@gmail.com
Teléfono: 653 616 126

Contacta con Caxoto Cativo

Ignacio Vilariño (Fantoches Baj)Fantoches Baj
«O castiñeiro do Apalpador é unha peza de teatro con monicreques que, partindo da tradición popular, presenta un carboeiro que as xentes chaman Apalpador. Este personaxe cóntalle ao público por que polo Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas para que se manteñan alimentados todo o ano».
inacio@fantochesbaj.com
Teléfono: 699 066 449 | 986 783 013

Contacta con Fantoches Baj

Edith Iseo Agilda BolañoIseo a Moura
«A Apalpadora é unha muller namorada da montaña. Unha carboeira forte, acostumada a vivir soa e valerse por si mesma. Pero cada ano precisa atopar o camiño que une a montaña coa xente. É por iso que no Nadal baixa a agasallar cariño e caloriña en forma de castañas e carbón». Espectáculo de contos e música para toda a familia.
ola@charlatana.org
Teléfono: 637 756 129

Contacta con Iseo a Moura

Nelson Quinteiro ProduciónsNelson Quinteiro
«Dende o máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros aos que acompañan «Os Apalpadoriños», músicos, bailaríns, animadores… e propoñen unha festa moi animada a través de música galega, panxoliñas, cantos de reis e xogos rítmicos e de movemento.
nelson.quinteiro@gmail.com
Teléfono: 647 647 404

Contacta con Nelson Quinteiro Producións

Os Jalochos. A landra viaxeira e o ApalpadorOs Jalochos
«Os Jalochos teñen como obxectivo xogar coa música e a palabra a través dun concerto participativo baseado no ritmo, na percusión corporal e o baile. A Landra viaxeira e o Apalpador é un espectáculo musical orientado a fomentar a lingua galega entre as crianzas a través da incorporación  de lendas e personaxes da nosa tradición. A protagonista da historia, a Landra viaxeira, emprende unha aventura co seu amigo Lambón para coñecer ao Apalpador e os seus costumes».
charlatana@charlatana.org
Teléfono: 645 053 589

Contacta con Os Jalochos

Os Lanuxos Titerelás
«Somos uns monicreques de luva feitos a gancho que interpretamos micro pezas de teatro orixinais en verso para todos os públicos. Apalpadores, meigas bravas dos nosos recunchos son os protagonistas das nosas historias rimadas e dos nosos romances de cego para ficcionar a actualidade ao noso xeito e para escachar de risa. Es quen de nos convidar?»
os.lanuxos@gmail.com
Teléfono: 610 628 954

Contacta con Os Lanuxos

Pulpiño Viascón
«Pulpiño Viascón músico, performance circense e multiintrumentista galego, cóntanos a historia do apalpador a partir dunha banda sonora aventureira creada cos seus instrumentos máxicos: o serrucho musical, acordeón diatónico (trikitixa), pandeireta do pé, game boy chiptune, e, por suposto, coa poderosa voz do Apalpador».
charlatana@charlatana.org
Teléfono: 637 756 129 |  645 053 589

Contacta con Pulpiño Viascón

Raquel QueizásRaquel Queizás
Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro. «Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el» –conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa–. «Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…» Espectáculo de contos para nenas e nenos a partir de 5 anos.
info@raquelqueizas.com
Teléfono: 600 670 740

Contacta con Raquel Queizás

Servando BarreiroServando Barreiro
Músico de formación clásica, cantor e contador de historias. Ten feito arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses e do contacto directo coa xente do rural en traballos de campo. Ademais das letras populares e das propias, puxo música a poetas galegos clásicos e contemporáneos. Fai, con André Espiñeira, parte do grupo de Anxo Moure, Antía Vázquez e Brais Moure.
carballoconbotas@hotmail.com
Teléfono: 671 883 026

Contacta con Servando Barreiro

Sheila PatriciaSheila Patricia
Cantante e compositora galega que ten actuado en América Latina e Portugal co seu disco “El camino de los sueños” e adiantando o seu próximo traballo en galego. O seu estilo ten influencias do folk, o fado, o jazz ou o folclore latinoamericano. A súa Apalpadora é unha muller do século XXI, que trae con ela a reivindicación da igualdade no medio dos mellores desexos de paz e benestar. Unha tradición de Galicia para o mundo.
contacto@sheilapatricia.es
Teléfono: 622 114 945 | 629 828 171

Contacta con Sheila Patricia

Talía TeatroTalía Teatro
«Acción teatral progagonizada por María Ordoñez e Xurxo Barcala que achega a todas as nenas e nenos ao Apalpador que baixa no Nadal das nevadas montañas do Courel para lles achegar un agarimo adubiado cunha presa de castañas. Logo de lles apalpar as barriguiñas, barrigolas por ver se comeron abondo dilles: Así, así esteaes todo o ano».
info@taliateatro.gal
Teléfono: 630 877 153 | 981 943 242

Contacta con Talía Teatro

Títeres CachiruloTíteres Cachirulo
«O Apalpador é mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira».
cachirulo@titerescachirulo.com
Teléfono: 605 880 858 | 981 801 237

Contacta con Títeres Cachirulo

Xanotas e LeirotasXanotas e Leirotas
«As nosas sesións de contos son moi variadas e o que intentamos sobre todo é levar a maxia, diversión e fomento pola lectura na nosa lingua. Ágora mesmo queremos preparar unha sesión onde a figura do Apalpador teña o fío conductor … respeto pola natureza, os cambios que ela sofre etc… En canto a teñamos rematada farémosvolo saber»
xanotaseleirotas@gmail.com
Teléfono: 607 485 288

Contacta con Xanotas e Leirotas