Data: 24 de decembro de 2010
Horario: de 10 h. a 13 h.
Lugar: local “Familias Madrugadoras”, do concello do Carballiño
Beneficiari@s: uns 30 rapazas e rapaces
Autora: Sofi Sieiro

Obxectivos:

O obxectivo principal deste obradoiro é a de dar a coñecer a figura do Apalpador, como figura propia da nosa cultura, e , como instrumento vertebrador da aprendizaxe, o xogo. De forma divertida, funcional e participativa presentaremos a figura do Apalpador a traveso dun conto “ O Apalpador” de Xoán G., e dunha pequena historia oral. Por medio destas historias e actividades trataremos de desenvolver n@s participantes unha serie de obxectivos como:

  • Coñecer a figura do Apalpador: Carboeiro, defensor da natureza e da comida saudable, home máxico e bondadoso que nos ven a visitar a noite de Noiteboa ao Nadal para a apalparnos as barriguiñas, amigo de todos e todas, cristians, xudeos, ateos, musulmáns… e que se deixamos unha castaña na árbore de Nadal cando el veña botaralle uns polvos máxicos que sacará do seu fol e convertirase nun desexo ou un agasallo..
  • Recoñecer ao Apalpador polas roupas e complementos que leva: fol do que saca castañas máxicas, zocos que camiñan Km e Kms. , navalla coa que tala os agasallos, Pucha que lle abriga a cabeza e cachimba máxica que lle axuda a respirar ben cando hai costas grandes( pois non fuma).
  • Recuperar e recoñecer ao Apalpador como figura do Nadal propia da nosa cultura galega. Como é un e non ten axudantes miles,so ven pola zona de Galicia e algunhas zonas limítrofes con León.
  • Fomentar actitudes non consumistas, polo que aproveitaremos o material ao máximo, servirá logo para xogar todo o ano (memori), como so é un para toda Galicia, na carta so pediremos unha cousa…
  • Traballar a solidaridade a traveso da figura do Apalpador, xa que é amigo de tod@s, reparte o que ten, comparte as castañas, cacahuetes, desexos de felicidade…con nós. -Fomentar actitudes de colaboración para o coidado dos recurso naturais e materiais : Cando tiramos o lixo no colector correpondiente, cando repartimos e gardamos o material utilizado, cando compartimos as tesoiras, …
  • Compartir esforzos, materiais, … para acadar un fin solidario e camiñando dende a igualdade:entre tod@s e cada un/unha de nós elaboramos unha páxina do conto. Sola non sería conto pero todas xuntas fan o conto. Este conto queda para explicarlle a outr@s nen@s quen é o Apalpador e como paseou polo Carballiño. Se cada un leva a parte do conto que fixo, o conto xa non sería tal….polo que coma o Apalpador imos ser xeneroso e deixalo para outr@s persoas que aínda non o coñecen.
  • Fomentar actitudes de respecto á quenda á hora de falar, de xogar, de usar recursos…
  • Favorecer a actitude de espera a hora de utilizar material como tesoiras, pegamento… @s interaesad@s interesadas deberán pasar polas diferentes fases do obradoiro, que constará de varios talleres, e unha vez cuberta a inscripción de participación. Nesta ficha de inscripción constan os diversos talleres que se realizarán e tod@s deberán pasar por cada un deles para que @ monitor/a, unha vez feito, lle poida firmar a casilla correspondente. Unha vez cubretas todas as casillas obterán un premio que consistirá nunha presa de cacahuetes e un par de caramelos.

Obradoiros:

  • Tarxeta identificativa:
    Elaboración dunha tarxeta identificativa co seu nome e coa forma do Apalpador. Terán que escoller unha figura do Apalpador, coloreala, pegarlle cartoliña por detrás, recotala polo contorno e porlle un imperdible para suxeitala á camiseta e así podernos dirixir ao nos@ nov@ amig@ polo seu nome.
  • Xogo do Apañacastañas:
    Consiste en atopar unha das diversas castañas que se foron espallando polo local. Unha vez que se atopen todas, que por detrás levan escrita parte da canción do Apalpador, trataremos entre tod@s de ordenalas de forma que teñan sentido e, cotexando coa canción oriixinal escrita nuha cartoliña, para chegar a poder recitar a mesma.
  • Conto: “ O Apalpador chegou ao Carballiño”
    A partir duns folios cun pé de páxina redactado pola mestra @s nen@s ilustrarán o conto. Este conto levará ao Apalpador e @s letores por todos os lugares emblemáticos da nosa vila. Poderán utilizar diversas técnicas como debuxo, colage…e diversos materiais para pintar como, ceras grosas, finas, rotuladores,..
  • Memori:
    A partir de pequenos rectángulos, coa figura do Apalpador dentro, elaboraremos unha baralla na que as figuras serán iguais dúas a dúas e así logo poder xogar ao “ memori”: Todas as cartas boca abaixo, cada xogador na súa quenda levanta dúas, se son iguais queda con elas e pasa a quenda ao seguinte; se son diferentes volve pousalas onde e como estaban, boca abaixo, e pasa quenda ao seguinte. Ao remate das cartas o que máis teña é o que gaña. Cada membro fará dúas iguais, coloreando, recortando e reforzando, con cartoliña ou cartón sobrante dos cereais do almorzo, por tras.
  • Mural:
    Con témperas e pinceis coloreamos o mural do Apalpador que previamente debuxou a mestra en papel de embalar, para dar a benvida a tod@s os pais, nais, nenos e nenas que se acerque polo noso local nestes días de festa.
  • Láminas:
    Coloreado dunha láminas, a escoller, para agasallar ao Apalpador a noite de Noiteboa ao Nadal. Deixarémola na árbore xunto coas castañas máxicas que nos deu o Apalpador o día antes cando nos visitou.
  • Caixa de correo dos desexos:
    Consiste en redactar a carta ao Apalpador, pero sempre pedindo algo para outra persoa, aparte do que queira pedir para cada un. So se pode pedir unha cousa para cada un/ha, pois o Apalpador é o que elabora os agasallos e non é unha fábrica de facer xoguetes,…Estas cartas introduciremolas nunha caixa de correo especial que o Apalpador nos enviou e que está feita cunha caixa de zapatos adornada e cunha ranura no medio. Estes talleres están repartidos ao longo e ancho do local, habilitando mesas (arredor de 6 persoas por mesa) ou recunchos, como o do mural ou o da caixa de correo. O material utilizarase de forma responsable, utilizando so o que nos cumpra, se é posible usaremos papel reciclado, cartón das caixas dos cereais… pois a pasta coa que se fai o papel pode proceder doutro papel usado coma o noso, por eso o botamos ao colector azul ou, das árbores. Como nós somos coma o Apalpador, amig@s das árbores seleccionaremos o lixo, reciclaremos, reutilizaremos e reduciremos.. Compartiremos tesoiras, pinceis, témperas, ceras grosas e finas, cartón dos cereais, pegamento…e repartiremos o traballo de forma equitativa de xeito que tod@s colaboremos co noso esforzo, sen recargar a ninguén, e así nos sintamos tod@s partícipes en todas as actividades. As láminas e figuras utilizadas son as que aparecen neste sitio web

Axudaremos a distribuír e recoller todo o material utilizado, e, para tratar de aportar á nosa natureza o menor lixo pobible os anaquiños de papel utilizados que non poderemos reutilizar, meterémolos no colector azul (Os anacos grandes, gardarémolos para outra ocasión), os restos da comida, cascas de cacahuetes, castañas,…para o colector verde, e se bebemos algo con envase de plástico, para o colector amarelo.

O Apalpador chegou ao Carballiño.

Texto por Sofía Sieiro González
As fadas do bosque e o amigo Vento Xeado están a anunciar ao Apalpador que xa son horas de baixar ao Carballiño. Dende a Madanela, entre a música dos carballos e os castiñeiros, o Apalpador vai cara ao camiño do Arenteiro. Pasando polo viaducto , o río Arenteiro susúrralle … “Xa son horas de dar un bo baño quentiño no Balneario do Carballiño.” “Que parque máis frondoso amiga esquiu!” –dí o Apalpador chegando o muíño das Lousas, mentres mete a súa man no fol…

Coclusións:

Certo é que o pasamos moi ben e o espiritu do bosque, do nadal, do compañeirismo… do Apalpador, invadiunos a tod@s e daba gusto traballar. O que realmente paga a pena é ensinar que estas datas non so son de consumo enardecido, é tempo de recordar que tod@s somos irmáns e irmás e desexar o mellor a tod@s @s que nos rodean, especialmente aos seres máis querid@s, e tratar de comer de forma saudable e sen derramar a comida para asi ter presente na nosa mesa o tod@s @s nen@s do mundo que carecen de alimentos e non teñen cubertas as súas necesidades básicas. Polo tanto dada a respostasatisfactoria e a entrega d@s nen@s, mestres/as, cremos no éxito da actividade.