Obxectivos:
- Coñecer, participar e gozar das festas, tradicións e costumes de Galiza, e valoralas como manifestacións culturais que temos que conservar e recuperar.
- Mostrar interese e curiosidade por coñecer o entorno mais alá do seu medio mais cercano.
- Observar as diferentes plantas e árbores que se atopan nas terras do Apalpador inculcándolles o respecto e o valor da conservación do medio ambente.
- Identificar aos diferentes animais que habitan os montes do Courel.
- Comprender e aprender o vocabulario relacionado co conto.
- Coñecer e reproducir contos de Nadal tradicionais que estaban case esquecidos.
Desenvolvemento:
Esta unidade Didáctica foi deseñada por 2 profesores de 5º de E.I., pertencentes ao CEIP Pintor Laxeiro de Vigo.
Para a súa elaboración reunímonos en varias ocasións no 1º trimestre e conxuntamente elaboramos e buscamos os diferentes materiais necesarios para a súa posta en práctica.
A elaboración desta U. D. atopa a súa xustificación no interese por parte de todo o claustro do Centro por recuperar unha tradición e un personaxe totalmente esquecidos na actualidade e que é a figura do Apalpador, que o alumnado descoñecía ata o momento.
Partimos da lectura do conto O Apalpador como elemento de motivación e que deu pe para traballar tódalas actividades:
- En asamblea observamos nun mapa as terras do Courel para deste xeito ubicar aos personaxes do conto. Aproveitamos para que coñeceran a fauna desas terras empreñando as láminas da páxina web e a maiores fotografías baixadas de internet. Esta actividade foi especialmente motivadora para eles.
- Despois debuxamos un Apalpador tamaño real en papel continuo e os rapaces axudaron a darlle cor.
- Moldeámolo con plastilina.
- Fixeron diferentes fichas baseadas nos personaxes:
- Sinalar o lugar onde vive o Apalpador (praia-montaña) e despois debuxalo no lugar correspondente.
- Pintar os animais que viven no Courel o riscar os que non son.
- Pintar de amarelo o Apalpador alto
- Arrodear as Raiñas A que aparecen no nome de O Apalpador.
- Picar o cesto que está cheo de castañas e riscar o baleiro.
- Pintar 3 castañas na man do Apalpador
- Repasar o camiño que ten que seguir o Apalpador para chegar ata as castañas.
- De entre varias vestimentas de personaxes coñecidos (Reis Magos, Papá Noel) riscar a do Apalpador.
Dixémoslles aos rapaces que nas vacacións de Nadal visitaría o noso cole o Apalpador e que seguro que nos deixaría agochados algúns agasallos. O primeiro día de clase agochamos os xoguetes pola clase e colocámoslle unha carta no fol do Apalpador que lemos todos xuntos para despois buscar os agasallos.
Os diferentes ciclos fixeron as postais de Nadal coas que cada curso felicitou a súa familia. Paralelamente o centro mandou a tódolos pais unha felicitación de Nadal na que aparecían as fotos dalgunhas postais feitas polos nenos
Medios humáns e materiais
Na elaboración da Unidade Didáctica participamos os dous compañeiros de 5º curso de Educación Infantil e as dúas profesoras de apoio. Tamén contamos co mellor recurso humano que foron os rapaces.
Empregamos, entre outros, os seguintes medios materiais:
Papeis de diferentes texturas (continuo, cartolinas, papel celofán, papel de xornal, folios, papel de embalar…), lapis, rotuladores, cores, plastilina, gomets, pintura de dedos, revistas, tesoiras, pegamento, punzóns…
Valoración:
Para todos foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora, xa que sentimos que en maior ou menor medida contribuímos á recuperación dunha parte da nosa cultura que estaba esquecida e dalgún xeito tamén contribuímos ó esquecemento dun personaxe (Papá Noel) que nada ten que ver con nós e o noso país.
Comentarios recentes