Autora: Lorena Toimil Mato
1.ª Actividade :
Descubre quen é o Apalpador
Obxectivo:
O obxectivo desta actividade é que os rapaces/rapazas, mestres/as e as familias do alumnado coñezan a figura e tradición do Apalpador.
Medios humáns:
Alumnado, profesorado do centro, e tamén as familias do alumnado.
Medios materiais:
Papel continuo, témperas, cartolinas e rotuladores.
Desenvolvemento:
Faise un debuxo dun Apalpador ben grande e colócase nun corredor do centro onde o poida ver todo o alumnado, profesorado e tamén as familias do alumnado que cada día se achegan á escola cos seus fillos/as. Ao lado do debuxo, cada dous días póñense preguntas acerca desta personaxe mítica galega. O profesorado, alumnado ou calquera membro da súa familia teñen que contestar a estas preguntas. Algúns exemplos son:
-1º cartaz: “Sabes quen son? Se me coñeces escribe o nome?” ( teñen unha folla debaixo para escribir seu nome. Ao cabo dos dous días aparece a resposta. “Pois non son Ramón, nin …coma pensaban algúns pero sí o Apalpador”.
-2º cartaz: “Pero que é o que apalpa?” aparece unha táboa onde os nenos/as deben poñer unha cruz na parte do corpo acertada.
-3º cartaz: Aparece a letra da cantiga que lle cantaban os pais aos rapaces mentres agardaban a chegada do vello carboeiro. A cantiga está incompleta, polo tanto o público deberá completala coas palabras axeitadas.
Conclusión:
Despois de facer tódalas preguntas que se queiran, como remate da actividade, o alumnado escribe nun mural, ao lado do debuxo do Apalpador, todo o que foi descubrindo acerca desta figura e a súa tradición.
2.º Actividade:
Esta noite chega o Apalpador
Obxectivo:
Con esta actividade preténdese que afloren as emocións do alumnado máis pequeno do centro ao recrear esta tradición.
Medios humáns:
Alumnado (infantil e 1º ciclo de primaria) , profesorado e familias.
Medios materiais:
Disfraces, castañas e agasallos, papel continuo e témperas.
Desenvolvemento:
Dramatízase na aula a chegada do Apalpador ás casas, con toda a carga emocional que require este momento para os máis pequenos.
Préstase moita atención á preparación previa, a ambientación da aula, a caracterización das personaxes…
Conclusión:
Fanse varias representacións para diferente público, alumnado doutras aulas, mestres e familias.
3.ª Actividade:
Xogo do Apalpador
Obxectivo:
Preténdese que os rapaces e rapazas se divirtan con este gran xogo que ten como temática a figura do Apalpador e súa tradición.
Medios humáns:
Alumnado e profesorado.
Medios materiais:
Papeis,debuxos e fotografías, dado.
Desenvolvemento:
Elabórase un gran taboleiro con debuxos dos nenos/as, fotografías… Repartidos os alumnos/as por grupos deben tirar o dado, mover a súa ficha e superar a proba que se indica na casilla. Así van avanzando ata chegar á meta. Algunhas das probas estarán relacionadas coa figura do Apalpador e a súa tradición, como por exemplo, probas de: adiviñar (somos dous iguais, e imos co Apalpador para que non se molle nas lameiras); cantar (Vaite logo meu meniño); debuxar (debuxar a súa pucha e que os demais adiviñen); mímica (imitar o vello carboeiro), equilibrio (con castañas na cabeza)…
En varias casillas aparece o debuxo do Apalpador. Cando alguén cae nesa casilla érguense todos para cantar, acompañando con xestos, a canción do Apalpador, que di asI: “Polo Nadal, polo Nadal, xa chega o Apalpador…”
Comentarios recentes