Todas as imaxes e textos teñen autoría e polo tanto o seu dereito recoñecido. Neste sitio web úsanse imaxes dos contos e láminas de Xoán G. e outras de diversas autorías. Na páxina de entrada úsanse fotografías de Xoán Piñón que teñen o seu copyright correspondente. O mantemento e os contidos son obra da Irmandade dos Apañacastañas, asociación cultural que ten como obxecto o espallamento da figura do Apalpador. Para mellor contribuír ao seu coñecemento, nós cedemos todos os contidos e Xoán G. temén, para a súa reutilización atendendo ás seguintes indicacións:

Licenza Creative CommonsLicenza Creative Commons.
Este sitio está suxeito a licencia Creative Commons para uso non comercial, con indicación de autoría e resctrición de obras derivadas 3.0.

Todos os contidos deberán ser tratados con dignidade, con sentidiño e, a poder ser, con bo gusto, nada máis.

Como é doado supor, se alguén vai tirar un beneficio económico do traballo doutras persoas, é de honra compartir cos autores tales beneficios que non lle son seus en dereito. E pola mesma razón, se alguén pretende pasar por autor do que non é, saiba, cando menos, que pode estar suxeito a accións legais.

Este sitio ven espallando o seu contido dende hai anos polos colexios e centros culturais de toda Galiza. Docentes, animadoras e animadores, nais e pais, e rapazas e rapaces baixan calquera peza para imprimila, copiala, ampliala, mudala… sen que isto supoña ningún tipo de vulneración da licenza, para isto estamos.

Gozade da nosa modesta achega ao espallamento do noso Apalpador e ASÍ, ASÍ ESTEADES TODO O ANO.