Un pouco de fabulación
Enchufemos o noso cerebro, prendamos o botón da imaxinación e poñámonos en modo ON. Agora simplemente deixémonos levar. Pensemos nuns hipotéticos acontecementos que quen sabe se sucederon así ou talvez puideran ter pasado dun xeito parecido. Retrocedamos no tempo até hai moitísimos anos, milleiros de anos sen dúbida. A xente xa ten organizacións sociais máis ou menos complexas, existen ademais das familias, os clans, as tribus e os pobos. Nesta época vívese do que dá a Natureza e moi vinculados a ela. A maioría dos homes e das mulleres dedícanse a sementar, colleitar ou cazar. Tamén fan outros labores como a construción de vivendas e infraestruturas colectivas ou a fabricación de úteis, ben para o fogar, o traballo ou a ornamentación. Tanto para uns como para outros, as rutinas cotiáns mudan cos cambios de estación. Mesmo cando os ciclos de escaseza son longos prodúcense migracións masivas. Os sentimentos místicos teñen moito a ver cos fenómenos meteorolóxicos, os astronómicos e a propia Natureza.
Ler mais...