Logo de moitas voltas, na Irmandade dos Apañacastañas acordamos que este ano xa non nos corresponde a nós facer o Premio de Cartas ao Apalpador. Chegado este punto estamos convencidos de que é mellor que se organicen en cada colexio, en cada concello, por zonas, organizacións veciñais e culturais…
Nós seguiremos estando aquí para o que se precise, mais coidamos que é hora de botarse lixeiramente ao lado neste caso. A verdade é que dános un pouco de mágoa, pero as cousas teñen que evoluír por si propias. Lembramos con moito agarimo todas as cartas e máis todavía as premiadas, pero parafraseando ao grande Celso Emilio “cada tempo ten seu tempo e iste é o tempo…” de deixalo.
Lembrade que sequiremos estando aquí. Que para o que precisedes seguiremos traballando arreo. Se queredes, podedes enviarnos as vosas convocatorias para publicalas neste sitio web, mesmo para subilas ás redes sociais…
Ademais, lembrade que queremos e necesitamos que nos enviedes todos os actos que facedes co Apalpador para metelos na axenda: contacontos, representacións de teatro, premios, festivais, concursos…
Comentarios recentes