Fauna do Courel

Algúns dos animais da fauna do Courel, a terra do Apalpador. Varios son comúns a case que todas as montañas da Galiza e algúns outros están prácticamente desaparecidos do país, polo que pensamos que o seu coñecemento poderá contribuír a favorecer a súa volta.

En primeiro lugar está a Pita do Monte, un ave que está practicamente desaparecido dos nosos montes por mor da caza indiscriminada, mais que teñen un hábitat natural neles e deberamos facer o posíbel por que retornase. Logo o Bufo Real, ave rapaz de bo tamaño que por sorte aínda mora en moitas partes da Galiza. A seguir, o Corzo, un cérvido de tamaño medio que tamén temos a sorte de gozar por moitas partes. Despois, o Xabaril, porco bravo que fai xantar predilecto do Apalpador. O Oso Pardo, que marchou dos nosos montes porque non se lle deixaba vivir e agora volve de cando en vez, mais só quedará se o axudamos. Por último temos ao Lobo, ese cánido ao que tanto mal lle fixeron moitas historias fantásticas que nada teñen que ver coa realidade. E como non, o Galaicodytes caurelensis, un pequeno insecto único dunhas covas do Courel, que non hai noutra parte do mundo; ese escaravello das covas é noso e só noso.

Xúntanse uns de labirintos nos que o oso ten que atopar o camiño para chegar ao mel, e O Apalpador, ao xabaril.