Tres modelos de carta: o primeiro, para impresoras que imprimen a cores e a sangue, é dicir até os bordos, sen marxes. O segundo, para impresoras que non imprimen até os bordos, que deixan marxes brancas. O terceiro, en branco e negro.

Autocolantes para pegar nos agasallos co nome dos destinatarios.
Poden facerse con papel especial autocolante para impresoras, que non é nada dificil de atopar. Tamén está a opción de facelas noutro papel e usar cola de barra e mesmo se se imprime en cartolina, usalas como tarxetas.

Sobre todo para quen non coñecen O Apalpador ou para poder usar algún tipo de dedicatoria no agasallo, está o díptico de cartolina. No reverso leva un pequeno texto explicando a historia do Apalpador.

Cartaz para festas infantís en colexios, asociacións…