Como podedes ver, démoslle unha volta ao noso sitio web. Ademais do aspecto que podedes comprobar, fixemos moitos cambios en canto a contidos.

  • Primeiro de todo, agora o noso enderezo web é apalpador.gal e, tanto .com como .org lévanvos a este dominio.
  • Duplicamos o número de láminas, agora hai unhas moi interesantes de grafomotricidade para os máis cativos.
  • Incuímos todas as referencias editadas sobre O Apalpador que atopamos.
  • Ampliamos o que tiñamos antes sobre orixes do Apalpador e os outros personaxes de Nadal.
  • Fixemos unha sección de Animadores e Contacontos con todos e todas que coñecemos que traballan a figura do Apalpador, e o xeito de contactar con elas e eles.
  • Incluímos o formato web para as cartas ao Apalpador.
  • Temos un chat para que poidades «falar» connosco. Aínda que lóxicamente non estamos sempre conectados, podedes deixar un recado para quedar. Ollo! non falaremos con menores sen a presencia de algún adulto.
  • E… (mellor dádelle unha volta polo sitio)

Se alguén ve algunha ausencia, erro, ou fallo de funcionamento, por favor, contactade connosco para ver de solucionala o máis axiña posíbel.

One thought to “Novo deseño do sitio web”

  • Lupe

    Hola. Son a presidenta da Anpa do Ceip Santo Estevo de Parga. Gustaría que este año os nenos no Nadal coñecesen ao Apalpador, sémpre tivemos Papá Noel.
    Non sei min os prezos min como facer para que veña vostede a contarnos unos contos.
    Moitas gracias.
    Lupe.

    Responder

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.