Apalpador:

Quen é?: Un personaxe mítico do Nadal galego.

Onde vive?: Nas montañas do Courel.

A que se dedica?: Dedícase a facer carbón vexetal.

Que fai o resto do ano?: Traballa recollendo leña para facer o carbón e no outono, castañas. Tamén fai xoguetes de madeira.

Por que apalpa a barriga?: Porque así sabe se as nenas e nenos comeron abondo e están ben mantidos, que é o que a el lle gusta. Non quere que ninguén pase fame.

Por que non se sinte cando entra nos cuartos?: Porque agarda a que todo o mundo estea durmido e ben durmido, ademais é moi sixiloso cando quere.

E se non me saben as castañas?: Non pasa nada, pero se acordas é mellor que o avises porque así pode deixarllas a outro.

Sitio:

Pódense usar libremente as láminas?: Poden.

Pódense usar as imaxes?: As que son propias do sitio ou as de Xoán G., si. As que son doutros autores terán que cedelas eles. As fotos de Xoán Piñón usadas na páxina inicial para as entradas ás láminas teñen reservados todos os dereitos por parte do autor, o feito de apareceren neste sitio non debe interpretarse como ningún tipo de cesión nin de perda de dereitos sobre elas.

Pódense usar os textos?: Os que son propios do sitio ou os de Xoán G., si. Os que son doutros autores terán que cedelos eles.

E se quero facer un produto comercial, podo usar as imaxes?: Podes, pero terás que pedir permiso e procuraremos darcho, todo é cuestión de vondade.

Se quero axudar, como podo facelo?: Se é económicamente, o mellor sistema é o de Paypal que está na columna da dereita, tamén podes facer un ingreso na conta da Irmandade dos Apañacastañas. Se o que queres é colaborar con calquera outra iniciativa, simplemente ponte en contacto connosco por calquera dos sistemas que hai no sitio web e cóntanos.

 Cartas na web:

Quen pode escribir?: Todo o mundo sen límites.

Hai límite de extensión?: Si hai límite, son 300 palabras, que consideramos abondo. A primeira das opcions recomendadas para a seguridade do sitio web é a de limitar os textos.

Que facedes cos enderezos de correo?: Nós nada, non están rexistrados de forma visíbel para nós, pero o sistema úsaos para se comunicar convosco.

Está seguro o meu enderezo de correo?: Si que está, non hai ningunha persoa que os vexa, é o servidor o que vos responde automaticamente, e cando se publican as cartas pon que veñen de “Pablo, de Bertamiráns” por exemplo e máis nada.

Por que se gardan os enderezos IP?: Agardamos que non ocurra nunca, pero se algún delincuente informático intentase facer algunha parvada, o enderezo IP axuda a localizalo. Nunca sairía publicada polos filtros que puxemos pero a maldade estaría feita.

Reservarse o dereito a borralas ou publicalas non é censura?: Pode entenderse así, pero nada máis lonxe do certo. Do que se trata é de que non cheguen contidos aos nenos que poidan resultar ofensivos. Neste sitio non se poden tolerar escritos de ningún tipo que sexan discriminatorios ou lesivos para ninguén, nin machistas, nin sexistas, homófobos etc. Ademais pode haber casos de alusións persoais, directas ou indirectas que danen a intimidade de persoas que non podemos aceptar que se difundan.