Contar

Unha maneira divertida de aprender a contar até 5 co Apalpador e mais con animais da fauna do Courel. Así, ao traballar en aulas coa figura do Apalpador, poderedes apoiar o tema con elas. E, como non podía ser doutro xeito, tamén serven para os fogares, asociacións, bibliotecas e calquera outro lugar lúdico, para ter entretidos aos cativos con divertimentos formativos.