A Landra viaxeira e o Apalpador é un espectáculo musical orientado a fomentar a lingua galega entre as crianzas a través da incorporación de lendas e personaxes da nosa tradición.
A protagonista da historia, a Landra viaxeira, emprende unha aventura co seu amigo Lambón para coñecer ao Apalpador e os seus costumes.
Os Jalochos teñen como obxectivo xogar coa música e a palabra a través dun concerto participativo basado no ritmo, na percusión corporal e o baile.
Se queredes ver unha mostra do seu bó facer: Video do Blues do Lambón
FICHA ARTÍSTICA:
Elenco: Sabela Olivares, Suso Bello
Nome do espectáculo: A landra viaxeira e o apalpador
Modalidade artística: Música ao vivo
Público ao que vai dirixido: Infantil e familiar
Idioma: Galego
Comentarios recentes