Os premios Apalpador 2010

No ano 2010 convocouse o I Premio Apalpador co fin incentivar as actividades que teñan como protagonista ao Apalpador. Ademais de darlles un agarimo a quen traballa con este personaxe, o noso obxectivo era recompilar unha serie de ideas para pór en común con outros centros, animadores e educadores e que cada ano poida resultar máis doado crear, mellorar, innovar e axeitar ás nosas necesidades as actividades. Estes primeiros traballos aínda poden servir de base para actividades tanto escolares coma municipais ou sociais. Como podedes ver hai dende proxectos persoais marabillosos como o de Anxo Moure, municipais como o do Concello da Coruña, escolares e mesmo outros coma o do Carballiño que pode aplicarse a asociacións ou concellos. Se fixéchedes proxectos interesantes e queredes pólos en común para que outros poidan aproveitar as ideas, mandádenolos, estudaremos todos e subiremos á esta web os que nos parezan merecentes delo.