Esta é a nosa achega para ir pasando os días de confinamento…
O Apalpador recibe a carta dunha nena cunha estraña petición, logo de darlle moitas voltas decide pedir axuda. Ao Courel acoden a valerlle dous amigos e dúas amigas, pero non saben moi ben como axudar. Viaxan por separado a sitios insospeitados e pasan dun ao outro misteriosamente. Pero realmente viaxan? E como é que lle axudan esas viaxes ao Apalpador? E a Alexandra?
Polo que se ve, moitas veces podemos axudar sen nos decatarmos. E sabido é que os traballos en equipo resultan moito mellor.
Ah, outra cousa! Non se esquecer nunca de que a imaxinación é a chave que abre portas que até nin pechaduras teñen.
Podedes ver os capítulos picando en cada un deles.
Comentarios recentes