Este 2020, por moi raro que fose (e mira que o foi por culpa da covid-19), tamén se están a organizar intercambios de xoguetes en moitas vilas e cidades, ben por parte dos concellos ou de asociacións.
O obxectivo destas actividades é o fomento do consumo responsábel e a recadación de material para as persoas menos favorecidas. Precisamente esta ano, no que a actividade económica se ralentizou, cando non paralizou en moitos sectores, é máis importante que nunca colaborar.
Sabedes que nós somos moi de xogar sen xoguetes e de crear xoguetes coas nosas mans e imaxinación, pero tamén é certo que os xoguetes levan connosco milleiros de anos e non hai que rexeitalos, todo na súa xusta medida. Xusto diso tratan estas iniciativas, do consumo responsábel.
Nós quixemos xuntarnos xa, como outros anos, e nunha conferencia que tivemos entre O Apalpador, os Reis Magos e mais Papá Noel, acordamos que nos encargariamos, cada quen no seu sitio, de levarllos a cantas nenas e nenos os precisasen.
Comentarios recentes