Este Nadal temos novo libro: O Apalpador e a castaña máxica.

O señor Apalpador, como todos os días, érguese cedo e fai os seus labores cotiáns. Mais un día decátase de que algo mudaba esa rutina, non atinaba ben a identificalo, pero parecía que as cousas que pensaba volvíanse realidade. Algo misterioso? Algo máxico? Será unha castaña a responsábel de todo? Será unha castaña distinta? Pero… pásalle só a el?

 

O sábado 10 de decembro estaremos na festa da Pisa da Castaña

Do mesmo xeito que fixeramos co noso primeiro libro, O Courel vai ser o inicio da campaña de presentacións de “O Apalpador e a castaña máxica” farémola durante a XIII festa da Pisa da Castaña.

 

O luns 12 de decembro estaremos cos gañadores do Premio Apalpador 2010

Coma homenaxe ao traballo feito no seu centro, o luns estaremos no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras presentándolles aos rapaces, e a todos os que o centro quera convidar, o noso novo libro

 

2 thoughts to “Xa está á venda o novo libro do Apalpador

  • Anónimo

    O pasado venres fixemos unha pequena celebración da tradicional festa galega do Magosto. Vos pedimos unha presa de castañas picadas e as levamos á panadería La Biscotte, na Maceira, que, pese os nosos intentos de pagarlle o seu traballo, nolas asou de balde. O noso agradecemento por elo.

    Responder
  • Marta

    Estimado apañacastañas: só quero agradecervos a labor de recuperación desta fermosa figura…. Teño unha nena de 5 e un neno de 3 anos aos que lle falo continuamente do Apalpador; levámolos un fin de semana ao Courel na busca de “pistas” sobre el, e espero que se decidan a pedirlle a el os agasallos, aínda que a competencia é moi dura!!!!
    Unha aperta e, de novo, grazas.

    Responder

Leave a comment to Marta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.