As nenas e nenos dannos unha lección de solidariedade nas súas cartas ao Apalpador

Este ano a Irmandade dos Apañacastañas premia unha ducia de cartas que resumen as inquedanzas, desexos e realidades das nosas pequenas e pequenos En primeiro lugar quixeramos agradecer á comunidade educativa e ás equipas de Normalización Lingüística o esforzo e o interese no Premio que se traduce nos moitos centos de cartas recibidas, que complicaron […]

Ler máis As nenas e nenos dannos unha lección de solidariedade nas súas cartas ao Apalpador

Moitas grazas!

Moitas grazas pola acollida aos nosos colaboradores, que agasallarán ás premiadas e premiados con moitas cousas: As Casiñas Do Ribeiro, Galaxia, OQO, Edicións Xerais, OZOCOgz, Biblos Clube de Lectores, Galileo Nenos, Lummerland e A raíña verde. As premiadas e premiados recibirán os vosos presentes coa ilusión infantil que lles son de seu.

Ler máis Moitas grazas!

Mateo Ramos, de Alfoz, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2014

Este ano, o premio para agasallar as mellores cartas escritas ao Apalpador, lévao Mateo Ramos Rega, de once anos, que estuda no CEIP Castro de Ouro de Alfoz. Tamén premiamos a carta de Samuel Acebo Rega, do mesmo CEIP. E, finalmente, á historia de Aroa Lomba Rodríguez, da Guarda, que estuda terceiro curso de primaria no CEIP As Solanas.

Ler máis Mateo Ramos, de Alfoz, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2014

Os agasallos que reciben as galardoadas no Premio de Cartas ao Apalpador

A foto prometida dos agasallos. Non nos chegaron os dun par de colaboradores, non sabemos moi ben as razóns, pero non pasa nada. Penso que aínda así os lotes están bastante ben. Se algunha prenda non vos serve non podemos trocárvola, nós pedímolas para varias idades e a maioría de vós tedes a mesma. Un […]

Ler máis Os agasallos que reciben as galardoadas no Premio de Cartas ao Apalpador

Unha carta dunha nena de 9 anos, que pide un doante de médula para unha amiga con leucemia, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2013

O premio para agasallar ás mellores cartas escritas ao Apalpador vai para unha nena de 9 anos que pide que o Apalpador lle traia forzas a unha amiga que padece leucemia e un doante de médula para curala. Por razóns obvias de protección da intimidade da nena enferma manteremos o nome da premiada no anonimato. […]

Ler máis Unha carta dunha nena de 9 anos, que pide un doante de médula para unha amiga con leucemia, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2013

Colaboradores no premio de cartas ao Apalpador

A lista de apañacastañas, que botan unha man ao Apalpador para premiar as mellores cartas que lle cheguen ao apartado 7070 da Coruña, medra a diario, polo de agora imos con: Caurelor Castañas do Caurel, Delicias do Souto, Trebellos Xoguetes, Museo de Pontevedra, Fol musica, Biblos Clube de Lectores, Ulträqäns Corunha, OZOCOgz, Entretempos, As Casiñas […]

Ler máis Colaboradores no premio de cartas ao Apalpador

Premio Apalpador 2012

Acordo do xurado do Premio Apalpador, 2012 Dende a primeira edición o premio pretendeu ser o recoñecemento aos méritos de persoas e entidades que pulan pola recuperación do Apalpador. Non se trata de carreiras para ver quen é máis rápido, mais alto, ou máis forte. Lonxe de competencias e rivalidades pretendemos darlle un agarimo ao […]

Ler máis Premio Apalpador 2012