A landra viaxeira e o Apalpador, novo espectáculo dos Jalochos

A Landra viaxeira e o Apalpador é un espectáculo musical orientado a fomentar a lingua galega entre as crianzas a través da incorporación  de lendas e personaxes da nosa tradición.A protagonista da historia, a Landra viaxeira, emprende unha aventura co seu amigo Lambón para coñecer ao Apalpador e os seus costumes.Os Jalochos teñen como obxectivo […]

Ler máis A landra viaxeira e o Apalpador, novo espectáculo dos Jalochos

O Apalpador de Pulpiño Viascon

Pulpiño Viascón músico, performance circense e multiintrumentista galego, cóntanos a historia do apalpador a partir dunha banda sonora aventureira creada cos seus instrumentos máxicos: o serrucho musical, acordeón diatónico (trikitixa), pandeireta do pé, game boy chiptune, e, por suposto, coa poderosa voz do Apalpador.omo non podía ser doutro xeito, o apalpador leverá agasallos para a rapazada […]

Ler máis O Apalpador de Pulpiño Viascon

Intercambio de xoguetes

Este 2020, por moi raro que fose (e mira que o foi por culpa da covid-19), tamén se están a organizar intercambios de xoguetes en moitas vilas e cidades, ben por parte dos concellos ou de asociacións.O obxectivo destas actividades é o fomento do consumo responsábel e a recadación de material para as persoas menos […]

Ler máis Intercambio de xoguetes

Este ano, xa non

Logo de moitas voltas, na Irmandade dos Apañacastañas acordamos que este ano xa non nos corresponde a nós facer o Premio de Cartas ao Apalpador. Chegado este punto estamos convencidos de que é mellor que se organicen en cada colexio, en cada concello, por zonas, organizacións veciñais e culturais… Nós seguiremos estando aquí para o […]

Ler máis Este ano, xa non

Fallo do Premio de Cartas ao Apalpador 2017

Das máis de seiscentas cartas recibidas, máis dun noventa por cento expresaban as arelas de paz e xustiza social. A práctica totalidade delas mesmo chegaba a manifestar a súa vontade de que os seus agasallos fosen para nenas e nenos máis necesitados. Entre todas, había corenta cartas que nos pareceu que salientaban, ben polo particular […]

Ler máis Fallo do Premio de Cartas ao Apalpador 2017

Novo deseño do sitio web

Como podedes ver, démoslle unha volta ao noso sitio web. Ademais do aspecto que podedes comprobar, fixemos moitos cambios en canto a contidos. Primeiro de todo, agora o noso enderezo web é apalpador.gal e, tanto .com como .org lévanvos a este dominio. Duplicamos o número de láminas, agora hai unhas moi interesantes de grafomotricidade para […]

Ler máis Novo deseño do sitio web

Premio de Cartas ao Apalpador 2017

Este ano tamén! Todas as cartas que recibamos a partir do 1 de outubro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos. Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados.

Ler máis Premio de Cartas ao Apalpador 2017

Envío dos premios

Parabéns ás premiadas e premiados! Estamos a agardar pola chegada dos agasallos dun colaborador para facer os envíos, contamos que non demore moito. Comprendemos a impaciencia que isto pode xerar, mais neste caso non é pola nosa vontade. Os envíos realízanse aos colexios, cando as cartas premiadas son de escolares. Faise un só pacote para o […]

Ler máis Envío dos premios

Un Premio de Cartas ao Apalpador “moi repartido”

Este ano tivemos serias dificultades para facer a selección das mellores, eran moitas. Por iso decidimos premiar unha ducia. Hai agasallos para todos, os nosos colaboradores son sempre xenerosos e non hai fallo. Primeiramente queremos salientar unha que veu de Bos Aires, trátase dunha carta escrita por Mariela neta dunha emigrante de Folgoso do Courel, […]

Ler máis Un Premio de Cartas ao Apalpador “moi repartido”