Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro. «Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el» –conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa–. «Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…» Espectáculo de contos para nenas e nenos a partir de 5 anos.
Como sabedes todas as webs usan cookies. Se estás dacordo, dálle a Aceptar. Se queres personalizar as cookies, en Axustes poderás facelo.
Lee a nosa política de cookies