«Un espectáculo teatral no que O Apalpador, xunto con Xía a Trasna do Monte, conta as súas aventuras para chegar a todas as casas de Galicia onde hai cativas e cativos para apalpar as súas barriguiñas e deixarlle algún xoguetiño feito de madeira. Despois da peza teatral as cativas e cativos realizan un obradoiro no que confeccionan un monicreque do Apalpador»