Este ano tamén! Todas as cartas que recibamos a partir do 1 de outubro entrarán no Premio de Cartas ao Apalpador 2017. Só tendes que enviar a vosa carta ao enderezo de abaixo.
Valoraremos as máis creativas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos.
Tamén é importante pór a idade, pois clasificarémolas por tramos aproximados. O premio está aberto a todo o mundo que lle escriba ao Apalpador, mais está destinado principalmente a estudantes de infantil, primaria e primeiro ciclo de ESO. Tamén poderán participar grupos cunha carta común; pensamos en aulas, asociacións, clubes, equipos deportivos, familias, ou mesmo unha panda de colegas.
Participarán todas as cartas que estean no noso poder o 31 de decembro, tanto para as que cheguen por correo como as escritas na web. O resultado coñecerase a través deste sitio web: www.apalpador.com antes da volta das vacacións de Nadal aos colexios. Ollo, non mandedes cartas ao apartado dos outros anos!
O Apalpador
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña
Comentarios recentes