Acordo do xurado do Premio Apalpador, 2012

Dende a primeira edición o premio pretendeu ser o recoñecemento aos méritos de persoas e entidades que pulan pola recuperación do Apalpador. Non se trata de carreiras para ver quen é máis rápido, mais alto, ou máis forte. Lonxe de competencias e rivalidades pretendemos darlle un agarimo ao esforzo individual e colectivo para que o retorno da figura sexa posíbel. Escolantes, pais e nais, rapazas e rapaces, e tamén profesionais, espallados por toda Galiza e que, sen coñecérense entre si, únense en Irmandade para que o Apalpador sexa unha realidade.

Como recoñecemento ao seu esforzo integrador implicando a outras asociacións de veciños e aos centros educativos das súas contornas, facendo un incríbel labor de espallamento nunha cidade do tamaño da Coruña, outorgámoslle o Premio Apalpador para actividades extraescolares a:

  • Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto,

facendo partícipes ás outras asociacións pola súa colaboura: Oza-Gaiteira e Palavea.

Do mesmo xeito, polo seu entusiasmo, pola súa ilusión e pola proxección do seu traballo nun pequeno concello e dende unha biblioteca pública, dámoslle o premio tamén á:

  • Biblioteca municipal de Agolada

Por outra banda o Premio Apalpador para actividades escolares do ano 2012 quere recoñecer o traballo de todos e todas as docentes do colexio e, sobre todo, o entusiasmo, curiosidade e implicación dos alunos e alunas de idades tan pequenas coa figura do Apalpador:

  • CEIP Mosteiro-Bembrive

de Vigo

Ao tempo, a Irmandade dos Apañacastañas quere simbolizar o seu agradecemento nomeando Irmandiño de Honra a:

  • Erik, o ourizo do Monte

Presidente do clube de lectura Ourizos do Monte do IES Monte Neme de Carballo

A Coruña, a 27 de xaneiro de 2013

One thought to “Premio Apalpador 2012”

  • Inmaculada Galego

    Agradecer o voso traballo por esta iniciativa de espallar a figura do Apalpador por toda Galicia.
    tamén por esos premios que dan tanto ánimo tanto aos pequenos como aos maiores no seu querer facer, colaborar e encher de ilusión aos cativos da nosa terra.

    Grazas e parabéns

    Responder

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.