Fichas de grafomotricidade pensadas para adestrar a preescritura dun xeito divertido da man do Apalpador e coa axuda da choiva, do vento, dos animais e mais do propio personaxe navideño. Tentamos fuxir no posíbel da monotonía nos exercícios repetitivos que sabemos que producen un certo tedio en nenas e nenos moi activos.