amigos

Os Amigos

O Apalpador é amigo de todos, de pequenas e pequenos, pero tamén de grandes, de probes e de ricos, dos da montaña e dos da costa, das aldeas, das vilas ou cidades. Non fai distincións entre cristiáns, musulmáns, xudeos, ou da relixión que sexa, porque el o que celebra e o solsticio, a unión dos humanos coa terra e cos astros. E ademais ten un corazón case tan xigante coma el.
Aló na montaña, entre carballos e castiñeiros, fai xoguetes coa puntiña da navalla e lévallos ás nenas e nenos. Mais el só non da feito e os seus xoguetes non chegan para todos. Entón o que fai é procuralos por aí adiante. O conto é que a todos trae agasallos e non ha deixar a ninguén sin o seu polas datas de Nadal.
Pero ollo! pensa ben o que lle pides! porque hai moita xente e será mellor repartir e non que uns leven moito e outros nada. Xa sabes que o Apalpador malia seres máxico non lle pode levar a todo o mundo todos os agasallos que lle pidan.

Nós prefirimos chamarlle “Amigas e Amigos” só aos menores de 14 anos e deixar para os grandes o nome de:

Os Apañacastañas

A tradición conta que O Apalpador deixa aos nenos unha presa de castañas ademais doutros agasallos. Logo, como son tantas castañas, teñen por forza que ser máxicas e suponse que ao Apalpador terá que axudarlle alguén a apañalas, por iso decidimos crear a Irmandade dos Apañacastañas. Unha irmandade formada por todos os que axudamos a que O Apalpador faga realidade os soños dos máis pequenos. Pero ollo, ninguén pode enterarse de que o estamos a axudar.
Apúntate á nosa Irmandade para que isto siga adiante. Unha irmandade de todos cantos colaboran nos seus traballos, desde os que espallan a súa figura, até os que achegan donacións para que isto medre.