AgasallosPremioCartasApalpadorA foto prometida dos agasallos. Non nos chegaron os dun par de colaboradores, non sabemos moi ben as razóns, pero non pasa nada. Penso que aínda así os lotes están bastante ben. Se algunha prenda non vos serve non podemos trocárvola, nós pedímolas para varias idades e a maioría de vós tedes a mesma. Un fallo que prometemos amañar para a próxima. Temos que reiterar as grazas a quen fixo posíbel que recibades estes agasallos, a todas as empresas entidades e sobre todo, persoas. O que non figura aquí é a estadía de fin de semana no Ribeiro, pero xuntamos un par de fotiños para que vos fagades á idea. Os libros azuis que se ven en primer plano van como obsequio para os profes de 4.º do Colexio Amaro Refojo de Verín, de 1.º do CEIP de Agolada, e do CEIP de Aguiño, en Ribeira, pola súa inestimábel colaboración e difusión do premio.

Hotel Pazo O CarballoRibadavia: Porta NovaRibadavia: Castelo dos SarmientoInterior dunha das Casiñas do Ribeiro

Hotel Pazo O Carballo. Ribadavia: Porta Nova e Castelo dos Sarmiento. Interior dunha das Casiñas do Ribeiro

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.