Algúns dos animais da fauna do Courel, a terra do Apalpador. Varios son comúns a case que todas as montañas da Galiza e algúns outros están prácticamente desaparecidos do país, polo que pensamos que o seu coñecemento poderá contribuír a favorecer a súa volta.
Inclúen insectos, réptiles e mamíferos e están colocadas por orde alfabética. Algunhas das láminas xa as coñeciades, pero redeseñámolas e puxémoslles os nomes, mesmo os científicos, deste xeito iclúese un novo nivel de lectura das mesmas para usarse con rapazas e rapaces maiores. Non é cuestión nin sitio de entrar ao miúdo en cada un dos animais representados, deixamos da man dos e das visitantes o maior afondamento en cada un deles. Mesmo isto podería ser obxecto de traballo docente para os institutos.