Apalpador:

Quen é?: Un personaxe mítico do Nadal galego.

Onde vive?: Nas montañas do Courel.

A que se dedica?: Dedícase a facer carbón vexetal.

Que fai o resto do ano?: Traballa recollendo leña para facer o carbón e no outono, castañas. Tamén fai xoguetes de madeira.

Por que apalpa a barriga?: Porque así sabe se as nenas e nenos comeron abondo e están ben mantidos, que é o que a el lle gusta. Non quere que ninguén pase fame.

Por que non se sinte cando entra nos cuartos?: Porque agarda a que todo o mundo estea durmido e ben durmido, ademais é moi sixiloso cando quere.

E se non me saben as castañas?: Non pasa nada, pero se acordas é mellor que o avises porque así pode deixarllas a outro.

Sitio:

Pódense usar libremente as láminas?: Poden.

Pódense usar as imaxes?: As que son propias do sitio ou as de Xoán G., si. As que son doutros autores terán que cedelas eles. As fotos de Xoán Piñón usadas na páxina inicial para as entradas ás láminas teñen reservados todos os dereitos por parte do autor, o feito de apareceren neste sitio non debe interpretarse como ningún tipo de cesión nin de perda de dereitos sobre elas.

Pódense usar os textos?: Os que son propios do sitio ou os de Xoán G., si. Os que son doutros autores terán que cedelos eles.

E se quero facer un produto comercial, podo usar as imaxes?: Podes, pero terás que pedir permiso e procuraremos darcho, todo é cuestión de vondade.

Se quero axudar, como podo facelo?: Se é económicamente, o mellor sistema é o de Paypal que está na columna da dereita, tamén podes facer un ingreso na conta da Irmandade dos Apañacastañas. Se o que queres é colaborar con calquera outra iniciativa, simplemente ponte en contacto connosco por calquera dos sistemas que hai no sitio web e cóntanos.

Premio de cartas ao Apalpador:

Quen pode participar?: Todo o mundo sen límites.

Hai algunhas bases?: Non, trátase de recibir cartas ao Apalpador, non vamos dicir como ten que escribila cada un(ha).

Hai límite de extensión?: Tampouco hai límite, por que ía habelo?

Se son un adulto, podo participar?: Si, claro, aínda que a grande maioría sexan menores, todos os anos recibimos cartas de adultos e mesmo as premiamos.

Se somos un grupo, podemos participar colectivamente?: Si, claro, aínda que a grande maioría sexan individuais, todos os anos recibimos cartas de grupos e mesmo as premiamos.

Algún consello para profes?: Pola nosa experiencia estades a facelo moi ben. En todo caso, por iso de mellorar, que sempre está ben, conviña non incidir demasiado nos tópicos e darlles só pautas para que sexan elas ou eles propios os que decidan os temas. Cando é así saen as mellores cartas.

Algún consello para participantes?: Non fan falta, poñede o que vos pida o corpo. Só un pequeno apuntamento, hai veces que toda a rapazada pide o mesmo videoxogo, ou o mesmo coche, ou a mesma boneca, ou o que sexa, pero se a nós non nos gustan, que máis nos dará que o pida todo o mundo? nós pedimos o que nos preste, ninguén vai ser máis nin menos por ter ou non ter iso. Ah! outra cousa, os animais non se piden, non se compran nin se venden, son compañeiros que veñen ás nosas vidas para estar connosco, non son xoguetes.

 Cartas na web:

Quen pode escribir?: Todo o mundo sen límites.

Hai límite de extensión?: Aquí si hai límite, son 300 palabras, que consideramos abondo. A primeira das opcions recomendadas para a seguridade do sitio web é a de limitar os textos.

Que facedes cos enderezos de correo?: Nós nada, non están rexistrados de forma visíbel para nós, pero o sistema úsaos para se comunicar convosco.

Está seguro o meu enderezo de correo?: Si que está, non hai ningunha persoa que os vexa, é o servidor o que vos responde automaticamente, e cando se publican as cartas pon que veñen de “Pablo, de Bertamiráns” por exemplo e máis nada.

Por que se gardan os enderezos IP?: Agardamos que non ocurra nunca, pero se algún delincuente informático intentase facer algunha parvada, o enderezo IP axuda a localizalo. Nunca sairía publicada polos filtros que puxemos pero a maldade estaría feita.

Reservarse o dereito a borralas ou publicalas non é censura?: Pode entenderse así, pero nada máis lonxe do certo. Do que se trata é de que non cheguen contidos aos nenos que poidan resultar ofensivos. Entendemos que hai frases que ao mellor nun contexto xeral non parecerían ofensivas pero quen coñece en que contexto está escritas pode darse por afectada/o. Nese caso, retírase e punto.

 

 

 

Cartas ao Apalpador Láminas Quen é o Apalpador? Actualidade Calendario de eventos
Facebook Twitter Pinterest Contacto