
- Este evento pasou.
Raquel Queizás na Biblioteca de Vilalba
18 de Decembro de 2019 ás 18:00 - 19:00

Caen as primeiras folerpas sobre a vila de Conto. As nenas e os nenos agardan a visita do Carboeiro.
“Hai moito tempo os mellores agasallos os traía el”-conta a señora Teresa, mentres almorza galletas sen presa.
“Traíanos castañas para comer, enredos de madeira para xogar e carbón, si, carbón para non pasar frío…”