Parabéns ás premiadas e premiados! Estamos a agardar pola chegada dos agasallos dun colaborador para facer os envíos, contamos que non demore moito. Comprendemos a impaciencia que isto pode xerar, mais neste caso non é pola nosa vontade. Os envíos realízanse aos colexios, cando as cartas premiadas son de escolares. Faise un só pacote para o colexio, mais dentro del van pacotes individuais para cada premiada ou premiado. Cremos que facer unha entrega de premios centralizada de xeito cerimonioso non é boa idea, xa que conleva un axuste obrigado de axendas, o desprazamento dos premiados e por riba un gasto innecesario.

Tivemos problemas co formulario de contacto, mais agora está amañado, se necesitades algún tipo de aclaración, indicación ou reclamación, xa sabedes, estamos ao voso dispór.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.