A tarde do 31 de decembro, xusto antes de que O Apalpador saíse a repartir agasallos, María Solar entrevistou a Xoán G. no programa Zigzag diario.
  

3 thoughts to “Entrevista de María Solar a Xoán G.

  • Anónimo

    Estimado Xoan G.,

    Apenas quero comentar que me pareceu totalmente patético obviar durante toda a entrevista (apenas nomear umha vez no final) o trabalho da Gentalha do Pichel e de tantas outras pessoas que tenhem trabalhado bem mais que tu em recuperar o Apalpador.

    Ora bem, isso já o sabes.

    Espero que durmas tranquilo sabendo que vives do trabalho de outras pessoas.

    A mim parece-me patético o que fas e tratarei-te em consequênci dependas de mim.

    O dito: dorme bem, vividor.

    Boa noite,

    PS: Nom se me ocorre um apalpador mais FEIO que o teu. De verdade. Já me parecia HORRÍVEL antes de que acontecesse isto.

    Responder
    • Apalpador

        
      Ola,
        
      1. O programa Zigzag diario dos luns incorpora unha entrevista ao autor dun libro, e fun a ela como tal. A entrevista non era sobre o Apalpador, era sobre UN LIBRO (ou os libros).
       
      2. Tanto a presentadora coma min, coma todo o mundo, sabemos que os recuperadores da figura do Apalpador son A Gentalha do Pichel, sen discusións nin medias tintas. Ademais opino que teñen feito un labor de campo fabuloso.
        
      3. Que o feito de que se me presentara como recuperador non quere dicir, falo por ela con absoluta seguridade, que se me considere a min “o recuperador”, senón “un dos recuperadores”, por canto autor de dous libros sobre el, dos varios que existen, que axudan na nosa modesta achega á súa recuperación. Sen manipulacións, malicias, dobres intencións, nin nada que se lle poida parecer.
        
      4. Que en todas (TODAS) e cada unha das miñas intervencións públicas en medios, colexios etc., ben respondendo a preguntas, ou de motu propio, sempre (SEMPRE) fixen constar o labor da Gentalha. E así será no futuro tamén.
        
      5. Paréceche patético o que fago? Aí xa non teño argumentos, cada quen é libre de pensar como queira. Lamento que sexa así, mais non podo tentar convencerte de nada. E no de tratarme en consecuencia, agardo que actues en consecuencia sempre, comigo e en todas as situacións e con todo o mundo, é o máis sano.
        
      6. Vividor? Francamente iso si que me amola! Non vou facer mística da miseria, pero gasto e teño gastado centos de euros no espallamento da figura, no mantemento desta web e nos desplazamentos aos colexios, asociacións etc. Nunca solicitei unha subvención, outros téñenas, porque non creo nelas. Nunca recibín unha achega de entidades, nin de particulares ou empresas para colaborar, todo sae do curto peto da miña familia. Se pensas que isto debe ter o apelativo de vividor…
        
      7. Tamén lamento que a miña proposta che pareza horribel. Sempre dixen que a vestimenta esfarrapada corresponde ao intento de destrución do mito, presentandoo pouco galano para así afastalo, clásico do XIX e do XX. Só desde unha óptica urbana e distante pódese atopar o atractivo, basicamente por asimilación ao concepto de que esa é a percepción de achegamento ás clases populares rurais.
        
      Así, así esteas todo o ano!
        

      Responder
      • Apalpador

        Teño que retirar o do punto 6, na parte que di que non recibín axuda de particulares, xa se fixo algunha doazón. Moitas grazas e de xustiza é que, se até o momento de escribir o comentario anterior, non se recibira ningunha, cando chegan, dicilo.

        Responder

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.