Unha maneira divertida de aprender a contar co Apalpador e mais con animais da fauna do Courel. Están concibidas en tres niveis, o primeiro moi básico para comprender o concepto de números, cifras e contar, vai só do un ao cinco e teñen as imaxes das mans para apoio; o segundo xa chega até dez, dase por coñecidos os conceptos de número e cifra e afianza o das unidades; o terceiro nivel é o das sumas, moi rudimentarias, con indicación de obxectos ademais das cifras para poder contalos e saber os resultados.