Contacto

O Apalpador
Irmandade dos Apañacastañas
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 – 3.º C
15002 A Coruña

 

Temos tres formas de que vos comuniquedes connosco. Por correo postal, deixando unha mensaxe co formulario de contacto que está abaixo de todo, ou por medio do noso novo chat.

O Apalpador sabedes que está sempre argallando, monte adiante, traballando, de viaxe… e se non está nese momento para chatear podedes deixarlle recado. E, se queredes, podemos acordar unha data e hora para nos comunicar.

Outra cousa moi importante, non imos chatear con menores sen que estean presentes os seus pais, profes ou calquera adulto con eles.

Se nos escribides por correo postal a Irmandade dos Apañacastañas, encargarase de facerlle chegar ao Apalpador todas as peticións e comunicacións.

Por favor, NON USEDES o apartado 7070 que tiñamos antes, tivemos que prescindir del.

* celas obrigatorias

Cartas ao Apalpador Láminas Quen é o Apalpador? Actualidade
Facebook Twitter Pinterest