Aquí tamén podedes escribirlle ao Apalpador. A extensión das cartas para publicar na web está limitada por razóns técnicas e de estilo, o número máximo de palabras é de 300, pensamos que son abondo.

Escribe a túa carta ao Apalpador

 
 
 
 
 
 
As celas marcadas con * son obrigatorias.
O teu enderezo de correo no se fará público.
Por razóns de seguridade gardamos os enderezos IP. O teu é: 34.204.173.45.

Malia que pensamos que se van escribir con sentidiño e educación, reservámonos o dereito a borrar as que nos parezan ofensivas ou pouco axeitadas para este sitio.
——————————
24 cartas.
Aula de 5 anos. CEIP As Solanas de A Guarda escribiu o día 4 de Decembro de 2017 ás 22:43:
Querido Apalpador, desde a clase de 5 anos do cole de Solanas queremos pedirche unha morea de cousas para poder arreglar os nosos montes. Cando chegou o lume, vimos pasar moitos helicópteros con bañeiras xigantes, e avións protexemontes; no patio cheiraba a fogueira de churrasco e había moito fume no monte, pasamos moito medo pensando que podería chegar ao noso cole. Por iso, necesitamos que nos traias moitas noces e castañas para metelas nunha camiña de terra, tamén necesitamos niños novos para os paxaros que escaparon voando e semilliñas de árbores máxicas que crezan ata o ceo, e moitos lobos e coruxas que asusten os que o queiman todo. Graciñas Apalpador, tocarasnos a barriguiña? Biquiños doces...
Querido Apalpador,
desde a clase de 5 anos do cole de Solanas queremos pedirche unha morea de cousas para poder arreglar os nosos montes.
Cando chegou o lume, vimos pasar moitos helicópteros con bañeiras xigantes, e avións protexemontes; no patio cheiraba a fogueira de churrasco e había moito fume no monte, pasamos moito medo pensando que podería chegar ao noso cole. Por iso, necesitamos que nos traias moitas noces e castañas para metelas nunha camiña de terra, tamén necesitamos niños novos para os paxaros que escaparon voando e semilliñas de árbores máxicas que crezan ata o ceo, e moitos lobos e coruxas que asusten os que o queiman todo.
Graciñas Apalpador, tocarasnos a barriguiña?
Biquiños doces...
Resposta da Irmandade por: Apalpador
Benqueridas nenas e nenos do cole de Solanas, xa sabedes que, cada vez que se prende un lume no monte, nós sentímolo como se nos queimase a nosa pel. Por iso facemos dende aquí un chamamento ás organizacións que están a axudar na recuperación ordenada do manto vexetal, para que pasen por aí e que vos boten unha man. Entre todos seremos quen de devolver os nosos montes ao seu estado natural.
Benqueridas nenas e nenos do cole de Solanas,
xa sabedes que, cada vez que se prende un lume no monte, nós sentímolo como se nos queimase a nosa pel. Por iso facemos dende aquí un chamamento ás organizacións que están a axudar na recuperación ordenada do manto vexetal, para que pasen por aí e que vos boten unha man. Entre todos seremos quen de devolver os nosos montes ao seu estado natural.
Iago Queixeira de Bertamiráns escribiu o día 1 de Outubro de 2017 ás 14:07:
Benquerido Apalpador, Espero que te abrigues ben, porque aí no Courel vai un frío do demo. Pórtome bastante ben, aínda que por veces fago algunha que outra e os meus pais rifan comigo. A min gustame moito ir ao monte, pero ás veces escorrego e caio. Quería pedirche un cabaliño de madeira para min e outro para a miña irmá pequena. Tamén quixera que cures á miña compañeira de clase que sempre está enferma. Por este ano non pido nada máis
Benquerido Apalpador,
Espero que te abrigues ben, porque aí no Courel vai un frío do demo. Pórtome bastante ben, aínda que por veces fago algunha que outra e os meus pais rifan comigo. A min gustame moito ir ao monte, pero ás veces escorrego e caio. Quería pedirche un cabaliño de madeira para min e outro para a miña irmá pequena. Tamén quixera que cures á miña compañeira de clase que sempre está enferma.
Por este ano non pido nada máis
Carme Abelenda de Salvaterra do Miño escribiu o día 4 de Setembro de 2017 ás 16:17:
Olá, son Carme e teño 9 anos. Quero pedirche que non haxa fumadoras nin fumadores porque o tabaco mata xente e emporcalla toda a natureza. Ademais se prenden lumes. Tamén quero que non haxa guerras e que a xente arregle os seus problemas falando e sen enfadarse. Os meus irmáns e mais eu quixéramos que nos trouxeses algún xogo para xogarmos xuntos, que poucas veces podemos. Ata o ano que ven.
Olá,
son Carme e teño 9 anos. Quero pedirche que non haxa fumadoras nin fumadores porque o tabaco mata xente e emporcalla toda a natureza. Ademais se prenden lumes. Tamén quero que non haxa guerras e que a xente arregle os seus problemas falando e sen enfadarse. Os meus irmáns e mais eu quixéramos que nos trouxeses algún xogo para xogarmos xuntos, que poucas veces podemos. Ata o ano que ven.
Bruno Quiroga de Muras escribiu o día 21 de Xaneiro de 2017 ás 16:09:
Hola Apalpador, No meu colexio dixéronme que vivías no Courel e que facías carbón. Tamén que traías agasallos ás nenas e nenos. Non sei se che podo pedir un, pero vouno intentar. Hai unha cadeliña que tivo uns canciños moi pequeniños e o dono dela di que ten que regalalos, ti poderías traerlles uns donos? Para min non pido nada, con iso chegame abondo.
Hola Apalpador,
No meu colexio dixéronme que vivías no Courel e que facías carbón. Tamén que traías agasallos ás nenas e nenos. Non sei se che podo pedir un, pero vouno intentar. Hai unha cadeliña que tivo uns canciños moi pequeniños e o dono dela di que ten que regalalos, ti poderías traerlles uns donos? Para min non pido nada, con iso chegame abondo.
Cartas ao Apalpador Quen é o Apalpador? Láminas Actualidade Calendario de eventos
Facebook Twitter Pinterest Contacto