Aquí tamén podedes escribirlle ao Apalpador. A extensión das cartas para publicar na web está limitada por razóns técnicas e de estilo, o número máximo de palabras é de 300, pensamos que son abondo.

Escribe a túa carta ao Apalpador

 
 
 
 
 
 
As celas marcadas con * son obrigatorias.
O teu enderezo de correo no se fará público.
Por razóns de seguridade gardamos os enderezos IP. O teu é: 54.80.87.166.

Malia que pensamos que se van escribir con sentidiño e educación, reservámonos o dereito a borrar as que nos parezan ofensivas ou pouco axeitadas para este sitio.
——————————
21 cartas.
Anxo Ventoso Pouso de Fonteculler - Culleredo escribiu o día 31 de Decembro de 2017 ás 12:23:
Querido Apalpador: Chámome Anxo. Teño 8 anos e estudo 3º de primaria no CEIP Ría do Burgo, en Culleredo. Son o irmán maior de tres. Teño un irmán de 5 anos e unha irmá de 2, Brais e Carme. O meu comportamento ás veces non é adecuado. Non obedezo e protesto, cando a miña nai me manda facer tarefas. Este ano quero pedirte que me axudes a mellorar en ser máis obediente, portarme mellor e facer todo á primeira, Tamén desexo algo que non é para min. Poder celebrar os 100 anos da miña bisavoa, cúmpreos en maio. Gustaríame que volvera a camiñar, un pouquiño, xa que está nunha cadeira de rodas e non lle gusta nada. Para o meu avó José, desexo que poida volver a xogar cos meus curmáns, os meus irmáns e mais eu. Ten unha enfermidade que non lle deixa. Un último desexo é que o meu amigo Sergio poida comer de todo. Ten alerxia a un montón de cousas e cando vai aos aniversarios non pode comer e ten que levar a súa merenda. Un bico e unha perta moi grande. Anxo
Querido Apalpador:
Chámome Anxo. Teño 8 anos e estudo 3º de primaria no CEIP Ría do Burgo, en Culleredo. Son o irmán maior de tres. Teño un irmán de 5 anos e unha irmá de 2, Brais e Carme.
O meu comportamento ás veces non é adecuado. Non obedezo e protesto, cando a miña nai me manda facer tarefas.
Este ano quero pedirte que me axudes a mellorar en ser máis obediente, portarme mellor e facer todo á primeira,
Tamén desexo algo que non é para min. Poder celebrar os 100 anos da miña bisavoa, cúmpreos en maio. Gustaríame que volvera a camiñar, un pouquiño, xa que está nunha cadeira de rodas e non lle gusta nada.
Para o meu avó José, desexo que poida volver a xogar cos meus curmáns, os meus irmáns e mais eu. Ten unha enfermidade que non lle deixa.
Un último desexo é que o meu amigo Sergio poida comer de todo. Ten alerxia a un montón de cousas e cando vai aos aniversarios non pode comer e ten que levar a súa merenda.
Un bico e unha perta moi grande.
Anxo
Raquel Agra de Cambados escribiu o día 27 de Decembro de 2017 ás 11:20:
Querido Apalpador: Trae moitas castañas e xoguetes para os nenos e as nenas de Galicia. Apetéceme moito volver a ir ao teu fogar, é moi bonito e ten moitos tipos de animais. Animais: lobos, zorros, martas, xinetas, nutrías, xabarís, corzos, aguias reais, moucho real, falcóns, cernícalos, azores, gavilans, cucos, perdices, mirlos, pomba silvestres, truchas, salamandras, rana vermella, angulas… Encantaríame ir contigo a ver todos eses animais!
Querido Apalpador:
Trae moitas castañas e xoguetes para os nenos e as nenas de Galicia. Apetéceme moito volver a ir ao teu fogar, é moi bonito e ten moitos tipos de animais. Animais: lobos, zorros, martas, xinetas, nutrías, xabarís, corzos, aguias reais, moucho real, falcóns, cernícalos, azores, gavilans, cucos, perdices, mirlos, pomba silvestres, truchas, salamandras, rana vermella, angulas…

Encantaríame ir contigo a ver todos eses animais!
Ana garcía Herzbrg de covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:45:
Querido Apalpador estos son os meus desexos : que se cumpran todos, un peke baby e que todos os nenos e nenas pasen o nadal coa súa familia. De Ana.
Querido Apalpador estos son os meus desexos : que se cumpran todos, un peke baby e que todos os nenos e nenas pasen o nadal coa súa familia.
De Ana.
Pedro Araújo Lamosa de Covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:43:
Para o Apalpador Querido Apalpador este nadal queria que me traxeras o xoguete tech deck e o estadio bei blei burst e tamén que todos os nenos podan celebrar o nadal
Para o Apalpador
Querido Apalpador este nadal queria que me traxeras o xoguete tech deck e o estadio bei blei burst e tamén que todos os nenos podan celebrar o nadal
Iyana Valiñas Martinez de Covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:42:
Querido Apalpador este Nadal quero que me trouxeras: castañas e unha guitarra , o meu desexo e que o ano que vén non houbera mais incendios.
Querido Apalpador este Nadal quero que me trouxeras: castañas e unha guitarra , o meu desexo e que o ano que vén non houbera mais incendios.
Ailín Rocío Matamala Collao de Covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:40:
Querido Apalpador me gustaría que me trouxeras unhas cousiñas. Uns zapatos con rodas, unha guitarra e unha gata, claro de verdade, por favor. E si puideras facer realidade este soño seria perfecto. Quero que meu pai sempre estivera ao meu carón, que non se fora de viaxe.
Querido Apalpador me gustaría que me trouxeras unhas cousiñas. Uns zapatos con rodas, unha guitarra e unha gata, claro de verdade, por favor. E si puideras facer realidade este soño seria perfecto. Quero que meu pai sempre estivera ao meu carón, que non se fora de viaxe.
Alejandra almeneiro ressinholi de covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:37:
Querido Apalpador me gustaría que me traixeras:o Aifon 7 con
Querido Apalpador me gustaría que me traixeras:o Aifon 7 con
Alex Prieto González de Covelo escribiu o día 20 de Decembro de 2017 ás 11:36:
Por estas festas a miña familia dixo que me portei moi ben e quero uns saltaríns para compartir coas miñas irmáns e tamén uns zapatos con rodas. Felices festas Apalpador e a paz no mundo e bo Nadal.
Por estas festas a miña familia dixo que me portei moi ben e quero uns saltaríns para compartir coas miñas irmáns e tamén uns zapatos con rodas. Felices festas Apalpador e a paz no mundo e bo Nadal.
Samuel de Artes escribiu o día 19 de Decembro de 2017 ás 10:29:
Ola chamome Samuel, e teño 6anos,son de Artes se te morde a vibora de Seoane podes morrer ? Grazas pola tua axuda
Ola chamome Samuel, e teño 6anos,son de Artes
se te morde a vibora de Seoane podes morrer ?
Grazas pola tua axuda
Resposta da Irmandade por: Apalpador
Non, non é mortal. Pero o mellor é que non morda, porque manca e doe
Non, non é mortal. Pero o mellor é que non morda, porque manca e doe
Xiana de Artes escribiu o día 19 de Decembro de 2017 ás 10:24:
Ola chámome Xiana e teño 7 anos,e son de Artes, como levas todos os regalos a todos os nenos e tamen como fas os regalos ? E cal e o teu animal preferido? Grazas por responderme,
Ola chámome Xiana e teño 7 anos,e son de Artes,
como levas todos os regalos a todos os nenos e tamen como fas os regalos ? E cal e o teu animal preferido?
Grazas por responderme,
Resposta da Irmandade por: Apalpador
A verdade é que nunca pensei cal sería o meu animal favorito, gosto dos cans e cadelas, dos xabaríns, vacas, corzos, leóns mesmo, elefantes, ratos, bolboretas... non che sabería dicir, eu quéroos a todos. Para levar os agasallos tiro da axuda dos Apañacastañas e mais do arco da vella, eles teñen unha maxia que me fai chegar a todas as casas a tempo
A verdade é que nunca pensei cal sería o meu animal favorito, gosto dos cans e cadelas, dos xabaríns, vacas, corzos, leóns mesmo, elefantes, ratos, bolboretas... non che sabería dicir, eu quéroos a todos.
Para levar os agasallos tiro da axuda dos Apañacastañas e mais do arco da vella, eles teñen unha maxia que me fai chegar a todas as casas a tempo
Claudia de Cariño escribiu o día 18 de Decembro de 2017 ás 09:22:
Querido Apalpador,este ano gustaríame falar mais en galego e aprobar tooodo!! tamén quero roupa. *E se eso un mozo*
Querido Apalpador,este ano gustaríame falar mais en galego e aprobar tooodo!!
tamén quero roupa.

*E se eso un mozo*
Miguel de Cario escribiu o día 18 de Decembro de 2017 ás 09:22:
Quero falar mais en galego. Libros e cousas para estudiar mais
Quero falar mais en galego. Libros e cousas para estudiar mais
elisaa de cariño escribiu o día 18 de Decembro de 2017 ás 09:21:
Este ano gustaríame que me trouxeran roupa,libros e falar máis en galego.
Este ano gustaríame que me trouxeran roupa,libros e falar máis en galego.
XairoSon Xairo de Culleredo escribiu o día 16 de Decembro de 2017 ás 14:38:
Bos días Apalapador: Son Xairo e teño 3 aniños. Esta é a primera vez que che escribo. Este ano no colexio explicaronos que virias casa a traernos agasallos. a ver si si este ano podes taerme dúas castañas máxicas, que me traias moita felicidade xogos no colegio cos amigos. Unha aperta, Xairo Ferreiro.
Bos días Apalapador:

Son Xairo e teño 3 aniños. Esta é a primera vez que che escribo. Este ano no colexio explicaronos que virias casa a traernos agasallos.
a ver si si este ano podes taerme dúas castañas máxicas, que me traias moita felicidade xogos no colegio cos amigos.

Unha aperta,

Xairo Ferreiro.
Alana de As Pontes escribiu o día 14 de Decembro de 2017 ás 18:22:
Boas tardes Apalpador, sou uma menina de As Pontes que che escreve para pedir—te que nestas datas não haja mais crianças que passem fame, que sejam maltratadas e que não medrem livres. Beijocas. E que tenhas boas festas!
Boas tardes Apalpador, sou uma menina de As Pontes que che escreve para pedir—te que nestas datas não haja mais crianças que passem fame, que sejam maltratadas e que não medrem livres. Beijocas. E que tenhas boas festas!
Paula de a Cruzada escribiu o día 11 de Decembro de 2017 ás 16:27:
Querido Apalpador o que quero e que os nenos e as nenas que maltratan a naturaleza que non a maltraten porque se non os montes morrerán e por este ano non pido te nada máis. Bicos moi fortes.
Querido Apalpador o que quero e que os nenos e as nenas que maltratan a naturaleza que non a maltraten porque se non os montes morrerán e por este ano non pido te nada máis. Bicos moi fortes.
MARTINHO VILELA de VIANA DO BOLO escribiu o día 8 de Decembro de 2017 ás 10:19:
Bem querido apalpador: Quero que nom ardam os montes, que cresçam as árvores, que nom morram os animais, e que tampouco os matem... e que nom tenhamos lixo nos montes e nos rios. Porque gosto de sair ao monte e ver animais, e o monte nos da respiraçom...
Bem querido apalpador:
Quero que nom ardam os montes, que cresçam as árvores, que nom morram os animais, e que tampouco os matem... e que nom tenhamos lixo nos montes e nos rios.
Porque gosto de sair ao monte e ver animais, e o monte nos da respiraçom...
Aula de 5 anos. CEIP As Solanas de A Guarda escribiu o día 4 de Decembro de 2017 ás 22:43:
Querido Apalpador, desde a clase de 5 anos do cole de Solanas queremos pedirche unha morea de cousas para poder arreglar os nosos montes. Cando chegou o lume, vimos pasar moitos helicópteros con bañeiras xigantes, e avións protexemontes; no patio cheiraba a fogueira de churrasco e había moito fume no monte, pasamos moito medo pensando que podería chegar ao noso cole. Por iso, necesitamos que nos traias moitas noces e castañas para metelas nunha camiña de terra, tamén necesitamos niños novos para os paxaros que escaparon voando e semilliñas de árbores máxicas que crezan ata o ceo, e moitos lobos e coruxas que asusten os que o queiman todo. Graciñas Apalpador, tocarasnos a barriguiña? Biquiños doces...
Querido Apalpador,
desde a clase de 5 anos do cole de Solanas queremos pedirche unha morea de cousas para poder arreglar os nosos montes.
Cando chegou o lume, vimos pasar moitos helicópteros con bañeiras xigantes, e avións protexemontes; no patio cheiraba a fogueira de churrasco e había moito fume no monte, pasamos moito medo pensando que podería chegar ao noso cole. Por iso, necesitamos que nos traias moitas noces e castañas para metelas nunha camiña de terra, tamén necesitamos niños novos para os paxaros que escaparon voando e semilliñas de árbores máxicas que crezan ata o ceo, e moitos lobos e coruxas que asusten os que o queiman todo.
Graciñas Apalpador, tocarasnos a barriguiña?
Biquiños doces...
Resposta da Irmandade por: Apalpador
Benqueridas nenas e nenos do cole de Solanas, xa sabedes que, cada vez que se prende un lume no monte, nós sentímolo como se nos queimase a nosa pel. Por iso facemos dende aquí un chamamento ás organizacións que están a axudar na recuperación ordenada do manto vexetal, para que pasen por aí e que vos boten unha man. Entre todos seremos quen de devolver os nosos montes ao seu estado natural.
Benqueridas nenas e nenos do cole de Solanas,
xa sabedes que, cada vez que se prende un lume no monte, nós sentímolo como se nos queimase a nosa pel. Por iso facemos dende aquí un chamamento ás organizacións que están a axudar na recuperación ordenada do manto vexetal, para que pasen por aí e que vos boten unha man. Entre todos seremos quen de devolver os nosos montes ao seu estado natural.
Iago Queixeira de Bertamiráns escribiu o día 1 de Outubro de 2017 ás 14:07:
Benquerido Apalpador, Espero que te abrigues ben, porque aí no Courel vai un frío do demo. Pórtome bastante ben, aínda que por veces fago algunha que outra e os meus pais rifan comigo. A min gustame moito ir ao monte, pero ás veces escorrego e caio. Quería pedirche un cabaliño de madeira para min e outro para a miña irmá pequena. Tamén quixera que cures á miña compañeira de clase que sempre está enferma. Por este ano non pido nada máis
Benquerido Apalpador,
Espero que te abrigues ben, porque aí no Courel vai un frío do demo. Pórtome bastante ben, aínda que por veces fago algunha que outra e os meus pais rifan comigo. A min gustame moito ir ao monte, pero ás veces escorrego e caio. Quería pedirche un cabaliño de madeira para min e outro para a miña irmá pequena. Tamén quixera que cures á miña compañeira de clase que sempre está enferma.
Por este ano non pido nada máis
Carme Abelenda de Salvaterra do Miño escribiu o día 4 de Setembro de 2017 ás 16:17:
Olá, son Carme e teño 9 anos. Quero pedirche que non haxa fumadoras nin fumadores porque o tabaco mata xente e emporcalla toda a natureza. Ademais se prenden lumes. Tamén quero que non haxa guerras e que a xente arregle os seus problemas falando e sen enfadarse. Os meus irmáns e mais eu quixéramos que nos trouxeses algún xogo para xogarmos xuntos, que poucas veces podemos. Ata o ano que ven.
Olá,
son Carme e teño 9 anos. Quero pedirche que non haxa fumadoras nin fumadores porque o tabaco mata xente e emporcalla toda a natureza. Ademais se prenden lumes. Tamén quero que non haxa guerras e que a xente arregle os seus problemas falando e sen enfadarse. Os meus irmáns e mais eu quixéramos que nos trouxeses algún xogo para xogarmos xuntos, que poucas veces podemos. Ata o ano que ven.
Cartas ao Apalpador Láminas Quen é o Apalpador? Actualidade Calendario de eventos
Facebook Twitter Pinterest Contacto