Entre 2013 e 2017 convocamos o Premio de Cartas ao Apalpador co fin de fomentar o costume epistolario entre as nenas e nenos do noso país. Eran cartas en formato clásico de papel, letra escrita a man e enviadas por Correos… moitas delas viñan con adornos, outras con debuxos, unhas eran extensas, outras breves, literarias, inocentes… A verdade é que houbo cartas marabillosas, tenras, duras (durísima algunha), esperanzadoras, simpáticas… Quixeramos poder reproducilas pero como nas bases (as mínimas imprescindíbeis) e na convocatoria non se especificou a posibilidades de reprodución, preferimos non facelo por respecto á privacidade das e dos autores.
Ver a lista de premiados…
Escribe a túa carta na web
Aquí podedes escribirlle ao Apalpador. A extensión das cartas para publicar na web está limitada por razóns técnicas e de estilo, o número máximo de palabras é de 300, pensamos que son abondo.
Grazas e Moitos bicos.... Collapse
Se podes dicilo.... Collapse
Aarón quere saber como fais para chegar a todas as casas.
A Gael gustaríalle saber se levas máscara.
Clarianny quere saber como fas os bonecos de madeira.
África pregúntase si hai máis xente na túa aldea ou vives só e tamén, canto pesas.
Icía quere saber que técnica empregas para que ninguén se entere da túa chegada ás casas co silencio que hai a esas horas da noite.
Celeste quixera que compartiras a túa idade connosco.
A Elena gustaríalle saber ata onde tes de larga a barba e se pasas frío.
Hugo pregúntase con que ferramenta talas as árbores.
Yago ten curiosidade por saber que medio empregas para desprazarte dunha casa a outra e se tes teléfono.
Raquel pregunta que che gustaría que che deixemos de aperitivo.
Finalmanete Yolanda, a mestra, pregúntase se lle poderías traer un feixe de bicos e un saco de apertas para todos/as a volta do Nadal.
Desculpa pola indiscreción dalgunhas preguntas, somos un grupo de mentes curiosas e agardamos non ofenderte.
Todos os nenos/as da clase che queren moito e agradecen as túas respostas. Unha forte aperta!!!... Collapse
Non podo contestar a todas as preguntas porque algunhas son segredos en segredo... e revelalos faría temblar o misterio...
A Aarón... non podo responder, pero que lea o conto "O Apalpador e o Arco da Vella" a ver se lle dá unha pista...
A Gael, si, levamos máscara e ben posta, tapando todo o fuciño (narís incluído). Ademais levamos no zurrón un bote de xel hidroalcohólico para nos desinfectar antes e logo de entrar en cada cuarto.
A Clarianny, pois con moito agarimo, serras, trenchas, gubias, tadros... e a miña navalla de Riotorto.
A África direille que vivo nunha casa illada, a carón da xente pero non está nunha aldea. E canto peso... Pois resulta que non teño báscula, o peso da xente está na cabeza, se ti eres feliz co teu peso, para que te vas pesar...?
Icía, mira que és pillabana! Igual que os magos non revelan os seus trucos, non vou revelar eu os meus...
A Celeste tampouco lle podo contestar, porque seguro que non me crería. Se lle dixese que teño milleiros de anos diría que estou mal da cabeza... non si?
Elena, a barba non é moi longa porque adoito cortala de cando en cando.. e frío, non, non paso, cunha pouca leña teño abondo.
Hugo, como podes pensar que tallo árbores? A madeira que uso é de pólas caídas. A ver, non pasaba nada por facelo, é lei de vida, mentres por cada árbora tallada se planten outros, xa está. Pero a min non me vai dárlle coa machada aos troncos. Eu sonchevos moi respectuoso coas árbores.
Yago, penso que a túa primeira pregunta está contestada, a segunda é que si, pero non vos podo dicir o número. Vai en contra da Lei de Protección de Datos.
Raquel, co voso agarimo abóndame, mais se queredes escoller algo, o que máis vos guste a vós hame gustar a min.
E finalmente, Yolanda, claro que vos podo levar un feixe de bicos e un saco de apertas, pero terán que ser invisíbeis. Cando volvas das vacacións, nesa caixiña que ti sabes estarán todos encerrados, so tes que abrila en clase e repartilos polo ar mentras as túas nenas e nenos estean no seu sitio, mantendo a distancia e coa máscara, ei?... Collapse
Este ano porteime moi ben. Gustaríame que me trouxeras varias cousas. Quero un canciño de madeira, un unicornio de madeira tamén e un gatiño tamén de madeira.
Bicos!
Icía... Collapse
Eu quero que os meus pais non teñan que facer todo e que sexa máis facil para eles a vida. Tamén me gustaría slime... pero só se queres 😉
Antia... Collapse
- Sobre os animais do Courel queremos saber se turra a vaca cachena e se pican os bufos?
- Como fas para entenderte cos animais e como fas para que entre eles se leven ben?
E por último como fas para chegar tan rápido a todos os fogares nunha soa noite?
Moitas grazas e moitos bicos de todos nós.... Collapse
A ver se son quen de vos explicar ben as cousas que preguntades.
En primeiro lugar direivos que as vacas turran, claro que si, e as cachenas non ían ser menos. Son un pouco máis pequerrechas que outras pero vacas son.
Os bufos pican? pois si! que saibades que son aves rapaces (rapaces de rapiña, non son aves-mozos, vaia tontería!) e para comer necesitan picar.
Pero o máis importante é que eles/as non turran nin pican aos humanos se non se lles fai mal. Así que xa sabedes, a tratalos ben e non haberá fallo.
Como me entendo con eles? pois moi sinxelo, so hai que ter un pouco de interés en entender as súas necesidades e respectalos. O mesmo que as mascotas, todos son animais e teñen necesidades diferentes aos humanos e xeitos de comportarse distintos. Iso é o que hai que respectar.
E para rematar, sabedes como se chega nunha soa noite? pois grazas ao arco da vella e a todos e todas quen axudan a que se fagan realidades as cousas. Sin eu me decatar paso de cuarto en cuarto pola maxia da colaboración colectiva. Seica non líchedes o conto do Apalpador e o arco da vella?... Collapse
Chámome Anxo. Teño 8 anos e estudo 3º de primaria no CEIP Ría do Burgo, en Culleredo. Son o irmán maior de tres. Teño un irmán de 5 anos e unha irmá de 2, Brais e Carme.
O meu comportamento ás veces non é adecuado. Non obedezo e protesto, cando a miña nai me manda facer tarefas.
Este ano quero pedirte que me axudes a mellorar en ser máis obediente, portarme mellor e facer todo á primeira,
Tamén desexo algo que non é para min. Poder celebrar os 100 anos da miña bisavoa, cúmpreos en maio. Gustaríame que volvera a camiñar, un pouquiño, xa que está nunha cadeira de rodas e non lle gusta nada.
Para o meu avó José, desexo que poida volver a xogar cos meus curmáns, os meus irmáns e mais eu. Ten unha enfermidade que non lle deixa.
Un último desexo é que o meu amigo Sergio poida comer de todo. Ten alerxia a un montón de cousas e cando vai aos aniversarios non pode comer e ten que levar a súa merenda.
Un bico e unha perta moi grande.
Anxo... Collapse
Trae moitas castañas e xoguetes para os nenos e as nenas de Galicia. Apetéceme moito volver a ir ao teu fogar, é moi bonito e ten moitos tipos de animais. Animais: lobos, zorros, martas, xinetas, nutrías, xabarís, corzos, aguias reais, moucho real, falcóns, cernícalos, azores, gavilans, cucos, perdices, mirlos, pomba silvestres, truchas, salamandras, rana vermella, angulas…
Encantaríame ir contigo a ver todos eses animais!... Collapse
De Ana.... Collapse
Querido Apalpador este nadal queria que me traxeras o xoguete tech deck e o estadio bei blei burst e tamén que todos os nenos podan celebrar o nadal... Collapse
Comentarios recentes