Entre 2013 e 2017 convocamos o Premio de Cartas ao Apalpador co fin de fomentar o costume epistolario entre as nenas e nenos do noso país. Eran cartas en formato clásico de papel, letra escrita a man e enviadas por Correos… moitas delas viñan con adornos, outras con debuxos, unhas eran extensas, outras breves, literarias, inocentes… A verdade é que houbo cartas marabillosas, tenras, duras (durísima algunha), esperanzadoras, simpáticas… Quixeramos poder reproducilas pero como nas bases (as mínimas imprescindíbeis) e na convocatoria non se especificou a posibilidades de reprodución, preferimos non facelo por respecto á privacidade das e dos autores.

Ver a lista de premiados…

Escribe a túa carta na web

Aquí podedes escribirlle ao Apalpador. A extensión das cartas para publicar na web está limitada por razóns técnicas e de estilo, o número máximo de palabras é de 300, pensamos que son abondo.

Carta ao Apalpador

 
 
 
 
 
 
 
As celas marcadas con * son obrigatorias.
O teu enderezo de correo no se fará público.
Por razóns de seguridade gardamos os enderezos IP. O teu é: 18.97.9.169.

Malia que pensamos que se van escribir con sentidiño e educación, reservámonos o dereito a borrar as que nos parezan ofensivas ou pouco axeitadas para este sitio.
——————————
Inés de Ortigueira escribiu o día 19 de Decembro de 2024 ás 10:43
Estimado Apalpador: Espero que este ano poida recibir esas castañas tan ricas que repartes ti. Tamén espero que os nenos e nenas pasen o control da barriga e que o pasen ben con todos os agasallos que lles vas dar. Gustaríame que me trouxeras un reloxo intelixente. Espero que o pases ben o resto do ano, un bico máis grande que o teu saco. INÉS
Estimado Apalpador:
Espero que este ano poida recibir esas castañas tan ricas que repartes ti. Tamén espero que os nenos e nenas pasen o control da barriga e que o pasen ben con todos os agasallos que lles vas dar. Gustaríame que me trouxeras un reloxo intelixente.
Espero que o pases ben o resto do ano, un bico máis grande que o teu saco.
INÉS... Collapse
Por favor, agarda...