Mateo Ramos, de Alfoz, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2014

Este ano, o premio para agasallar as mellores cartas escritas ao Apalpador, lévao Mateo Ramos Rega, de once anos, que estuda no CEIP Castro de Ouro de Alfoz. Tamén premiamos a carta de Samuel Acebo Rega, do mesmo CEIP. E, finalmente, á historia de Aroa Lomba Rodríguez, da Guarda, que estuda terceiro curso de primaria no CEIP As Solanas.

Read more
Unha carta dunha nena de 9 anos, que pide un doante de médula para unha amiga con leucemia, gaña o Premio de Cartas ao Apalpador 2013

O premio para agasallar ás mellores cartas escritas ao Apalpador vai para unha nena de 9 anos que pide que o Apalpador lle traia forzas a unha amiga que padece leucemia e un doante de médula para curala. Por razóns obvias de protección da intimidade da nena enferma manteremos o nome da premiada no anonimato. […]

Read more
Colaboradores no premio de cartas ao Apalpador

A lista de apañacastañas, que botan unha man ao Apalpador para premiar as mellores cartas que lle cheguen ao apartado 7070 da Coruña, medra a diario, polo de agora imos con: Caurelor Castañas do Caurel, Delicias do Souto, Trebellos Xoguetes, Museo de Pontevedra, Fol musica, Biblos Clube de Lectores, Ulträqäns Corunha, OZOCOgz, Entretempos, As Casiñas […]

Read more
Premio Apalpador 2012

Acordo do xurado do Premio Apalpador, 2012 Dende a primeira edición o premio pretendeu ser o recoñecemento aos méritos de persoas e entidades que pulan pola recuperación do Apalpador. Non se trata de carreiras para ver quen é máis rápido, mais alto, ou máis forte. Lonxe de competencias e rivalidades pretendemos darlle un agarimo ao […]

Read more
Visita a Eric e os Ourizos do Monte

Hai unhas horas estivemos no Instituto Monte Neme de Carballo. Fomos convidados por Eric, o ourizo do monte que preside o Clube de Lectura da biblioteca do instituto. Estivemos moi a gusto coa compaña dos Ourizos do Monte (Neme) presentándolles ao Apalpador, tamén estivo algunha profesora e algún profesor. Agardo que algún ouriciño conte aquí […]

Read more
Estivemos no Culturgal

Estivemos no Culturgal, asinamos libros no stand de Biblos, estivemos con moitos amigos e presentamos as novas láminas que fixemos para todos vós. Malia a crise que nos afoga a todos e a falla de visión de algúns en como ten de superarse, pensamos que acontecementos como o Culturgal seguen a ser mostras da nosa […]

Read more
II Premio Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares

Acordo do xurado do II Premio Apalpador, 2011 O Premio pretende recoñecer os méritos das actividades escolares e extraescolares que teñen como eixo a figura do Apalpador lonxe de competencias e rivalidades. O retorno da figura está sendo posíbel grazas ao esforzo, agarimo e ilusión duns e outros. Escolantes, pais e nais, rapazas e rapaces […]

Read more
Cartas ao Apalpador Láminas Quen é o Apalpador? Actualidade Calendario de eventos
Facebook Twitter Pinterest Contacto