«Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores, o Xoven Apalpador, acompañado da súa vaca Courela (que produce leite ecolóxico), leva a nenas e nenos de 3 a 12 anos a unha viaxe imaxinaria para coñecer os espazos naturais, descubrindo como achegarse ao seu coñecemento a través de guías, libros, e, como non, facendo turismo».