Actualidade

Algunas das novas sobre o Apalpador, o Premio de Cartas, novidades editoriais e moitas máis cousas
Entra no blogue

Láminas e imaxes

Láminas para traballar na aula, na biblioteca, na asociación, ou mesmo na casa.
Etiquetas e autocolantes para os agasallos.
Imaxes para descargar, web, compor, recortar...
Modelos de cartas ao Apalpador.

Un pouco de fabulación

Prendamos o botón da imaxinación. Poñámonos en modo ON e simplemente deixémonos levar. Pensemos nuns hipotéticos acontecimentos que puideron ter sucedido así ou dun xeito parecido. Retrocedamos no tempo até hai moitísimos anos, milleiros de anos sen dúbida. Aquí estamos, nunha aldea da montaña na que habitan algo máis dun cento de persoas pertencentes a tres ou catro clans. Viven do que lles dá a Natureza e moi vinculados a ela. Celebran os cambios de estación con rituais e festexos, ao cabo a súa vida cotián muda con esas varianzas estacionais. Os adultos dedícanse aos seus labores, mentres as nenas e nenos que xa se valen por si están todo o día a enredar e a imitar aos maiores. Os máis cativos están sempre vixiados. No lugar non hai moitos nacementos, se cadra un par deles ao ano.

Ler máis...

Libros e cancións

· Libros publicados co Apalpador como personaxe principal ·

· Canción do Apalpador en diversas versións, tanto de letra coma de música ·

Os contos de Xoán G.

Tres historias que contan a tradición do Apalpador, que fantasean co que lle puido suceder cunha castaña e como viaxa dacabalo do arco da vella.

Ver

Caderno de dirección

Pautas para axudar á posta en escena da obra O Apalpador de Carlos Labraña. Inclúe un vestiario para represntacións escolares.

Ver

Outros libros e cancións do Apalpador

Títulos sobre O Apalpador dos que temos constancia que se teñan publicado e cancións para lle cantar ao noso personaxe con diversas letras e músicas.

Ver

Que promovemos?

O Apalpador non é un personaxe consumista, respecta a súa contorna e prefire o agasallo con alma e non o obxecto.
Ecoloxismo
O Apalpador quere que a Natureza actúe por si, sen a intervención forzada das persoas. Se ten que chover, que chova; se ten que nevar, que neve; pero que non nos prendan lume. É posíbel a convivencia pacífica e sostíbel entre os humanos e a Natureza.
Cultura
A Cultura é a única vía para a mellora da sociedade, só a través do coñecemento podemos facer escolla libre das nosas decisións. Un libro, un disco, unha entrada de teatro... son o mellor agasallo posíbel. O importante é a vivencia non a posesión.
Vida sá
As boas prácticas de nutrición, a base de produtos o menos procesados posíbel, sobre todo de froitas, verduras, legumes e alimentos sen refinar, e mais a práctica de exercicio físico moderado, fará que gocemos dunha saúde plena e satisfactoria.

Para contactar con nós

Na Irmandade dos Apañacastañas prometemos que responderemos o máis axiña posíbel.
Se necesitas que a resposta sexa do Apalpador, ao mellor tarda un pouco máis.
Enderezo
Antonio Santiago (Nito) n.º 1 - 3.º C 15002 A Coruña
Correo

* celas obrigatorias